Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

mananceiro.jpg

05/12/2009 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-Artigo-Teo Cardalda

sarampelo @ 18:19

Haminetou Haidar e a Xustiza Universal.

Ante a denuncia posta por Haminetu na Audiencia Nacional, o xuíz Velasco ve indicios de delitos de lesa humanidade, pero non pode pescudalos en España pola reforma da LOPJ , 6/1985 do 1 de xullo, artigo 23/4 que contemplaba o Xenocidio e lesa humanidade como competente a xurisdición española para coñecer os feitos cometidos por españois ou estranxeiros fora do territorio nacional. 111034_aminetu_haidar.jpg

A nova disposición aprobada polas Cortes e rectificada polo Rei o 3 de novembro de 2009, dálle unha volta de parafuso con malas intencións, onde entre outras disposicións di: “........los Tribunales españoles de los anteriores delitos deberá quedar acreditado que sus presuntos responsables se encuentran en España o que existen víctimas de nacionalidad española……..”.

Este recorte da Xurisdición Universal foi unha soberana baixada de pantalóns. Lei votada conxuntamente polo PSOE e mailo PP, foi froito do pacto entre eles para impedir que a Audiencia Nacional xulgase un bombardeo de Israel sobre Gaza no ano 2000, e tamén preténdese con esta reforma evitar que os presos de Guantánamo que sexa traídos a España poidan denunciar ao imperialistas de USA por vulneración dos Dereitos Humanos. Baixada de pantalóns ante as vociferacións e inxerencia no noso país do embaixador de Israel en España.

Agora faise evidente as consecuencias nefastas que supón a modificación solapada sen case luz e taquígrafos da modificación da Lei coa “pinza” PSOE e PP. Con isto, podemos dicir que reduciron a xurisdición española ante crimes graves contra os dereitos humanos.2009052524debate.jpg

Ou sexa, o goberno “socialista” en resposta ás presións de Israel e o Lobby xudeu de USA, que comezaban a tremer ante a posibilidade de que uns xuíces estranxeiros pescudaran e encausaran os seus crimes político-militar contra a humanidade, perpetrados en Gaza contra a poboación civil palestina, troca a lei. O brazo de Tel Aviv é moi longo e a vergoña deste goberno moi curta. Agora voume decatando que as nosas leis as fan os sionistas e o Mossad.

Pero non se poñen de acordo estes dous partidos no esencial, no grande problema que temos en este país, o paro e a crise económica, en isto están a xogar facendo un paripé cuns enfrontamentos teatrais que non o cren nin eles.

Non soamente fan a “pinza” estes dous partidos no Parlamento español, senón que en Europa é vergoñoso, votando co PP en políticas neoliberais, as estatísticas o corroboran: PSOE e PP votaron neste Parlamento Europeo en un 70 por cento dos casos e tratan de ocultar en España a súa afinidade en Europa. Nos últimos cinco anos, de un total de 6.149 votacións, populares e “socialistas” puxéronse de acordo en 4. 286. Unha das últimas votacións foi a de elixir a Barroso como presidente, sendo este Sr. un dos culpables da guerra de Irak lembrado pola súa famosa foto das Azores. Nesta votación quedaron coa boca aberta tódolos socialistas de Europa . moratinos52.jpg

Esta é a famosa “Pinza”: PP-PSOE, por se alguén ten dúbidas (Non a de IU da que falaban todo o PSOE ao unísono). Mentres non se troque a inxusta Lei Electoral ( entre outras cousas), non haberá unha esquerda posibilista, nin contrapeso a estes neoliberais que se din de esquerdas, que están cunha man no corazón e a outra non bolso

Ante esta reforma da Lei, o que ninguén pensaba do partido do goberno que teriamos a unha pacifista como Hamenitu Haidar en folga de fame en territorio español pola causa e acción delictiva contra eses dereitos humanos dos servidores dun reino feudal que masacra e tortura aos saharauís que loitan por un pobo libre e independente, territorio vendido a Marrocos por uns salvapatrias que aínda hoxe teñen responsabilidades estatais e que todos coñecemos.

Esta é unha vergoña máis do bipartidismo e o “trapicheo” de votos e componendas, contra a dignidade española e universal.

Artigo publicado en Galicia Dixital.

Teo Cardalda

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis