Ante a folga de fame que iniciou Aminetu Haidar en protesta por haberlle sido confiscada a súa documentación no Aiún, obrigada a abandonar a súa terra de forma arbitraria, e a actitude do goberno de España de aceptación cómplice das teses marroquís: tódolos que facemos e mantemos este Blog solidarizámonos con Aminetu nas súas reivindicacións e do seu pobo Saharaui. Situación que atópase nestes intres de impotencia ante Marrocos e España.
O Sr. do dereito de pernada, que lle chaman Rei de Marrocos di e esixe que esa “miserable muller” lle pida perdón e recoñeza que é marroquí e non saharaui.
Logo temos ao goberno das Españas, onde o Ministerio de Exteriores enviou a Canarias como emisario ao seu director de gabinete Agustín Santos (militante de I.U. onde ao día de hoxe xa está cuestionado pola dirección desta formación política en voz do parlamentario europeo Willy Meyer) que lle deu tres opcións a Aminetu, asilo político, solicitar un novo pasaporte ou tomar a nacionalidade española. Negouse, claro está, ela é da República Árabe Saharaui
Non vou abondar nos dereitos da Nación Saharaui, xa que moito se escribiu sobre elo e sobre a súa independencia. Soamente recollo a do Tribunal Internacional de Xustiza onde estableceu que Marrocos nunca exerceu soberanía nin ningún outro dereito de tipo territorial sobre o Sahara Occidental. En consecuencia, a ocupación continuada do territorio por Marrocos é ilegal e debe considerarse tanto un crime de guerra como crime contra a humanidade.
Os que lembramos como foi a entrega (canalla e traidora) do Sahara por parte de España a Marrocos temos que sentir moito noxo, e cando recordo quen estivo ao mando desa traizón dáme gañas de coller, ir ao cortello e matalas todas. Estou a falar do Sr. que hoxe recolle o premio de “FAES a la libertad”, . ¿Pero de que liberdade están a falar estes vendepatrias?. Será da liberdade que o noso Sr. da pernada fai e desnafra ao seu antollo, que está posto como Xefe do estado “Pola Gracia de Dios” e de Franco. Non teñen nin puta vergoña. Todo o que está a pasar neste país e súper escandaloso. Son de coña mariñeira. A “FAES” FAchas ESpañois dando premios da liberdade, onde o seu Xefe tiña que estar xulgado por xenocidio. ¡ Hai que foderse ! E o do dereito de pernada borbónica a recoller premios de liberdade. ¿Será este o premio da liberdade do pobo saharaui ?. Manda carallo na Habana.
E non falemos do vendido de Felipe González, que tampouco voume a estender sobre a súa traxectoria desde o ano 1982. Aquilo da OTAN e os dereitos do pobo saharaui e centos de promesas que quedaron no ar. Voume a centrar sobre este suxeito en declaracións hai dous meses. Dunhas palabras recollidas por video (ver video) , na conferencia que dou o 28 de setembro en Caixaforum, entre moitas cousas dixo: “en el Sahara Occidental no hay espoliación de recursos porque no hay ninguna actividad económica”. “El Sahara Occidental y parte de Marruecos estaba ligado por derechos especiales con el sultanato de Marruecos”. Este país es el mayor espacio de libertades del mundo árabe”.
Estas declaracións son de tal gravedade e
putañeiras, dun suxeto que foi presidente do goberno de España que defendía un estado Saharaui. Porén, estas declaracións son moita máis graves e deplorables de quen na actualidade é o presidente do “Grupo de reflexión sobre el futuro de Europa”, designado polo “Consejo Europeo”.
Este Sr. non ten vergoña e calza un cinismo que non se pode tolerar. Leva anos facendo de Lobby a favor de Marrocos polo mundo adiante, rebentando os xustos e lexítimos dereitos dun pobo polo cal esta loitando a Sra. Aminetu Haidar. Hai que ter unha “jeta” como o aceiro para dicir que en Marrocos hai liberdades onde Aminetu foi encadeada e torturada como centos de saharauis. ¿ Que no Sahara non hai espoliación dos recursos ?. Pero este tío pensa que aínda chupamos o dedo como no ano 1982. Eu non sei se chochea, pode ser cousa da próstata, erniado ou operado de cadeiras. ¿E logo que pasa cos acordos de pesca coa UE do maior banco de peixe do mundo no litoral do Sahara Occidental?. ¿E logo os milleiros de toneladas de fosfatos que vende e espolia?.
Por estas declaracións deste Sociolisto o tiñan que inhabilitar para calquera posto de responsabilidade na UE. Pero non soamente teño que falar deste señorito, senón do partido que milita. Hai moitos anos apoiaban o dereito do pobo saharaui a ser independente e libre, como berraban nas “manis”. Agora non son máis que uns “sinistros de boquilla” co corazón na esquerda e o bolso na dereita. Só están a seguir a voz dos seus amos: os dous de “dereito de pernada, primos-hermanos”. O cinismo a hipocrisía acadaron pechando as súas antigas reivindicacións.
Aminetu foi galardonada co premio da Fundación Robert F. Kennedy en 1998 pola súa labor a favor do Dereitos Humanos. Os outros andan entre eles cos premios da “liberdade dos da pernada” e dos dereitos inhumanos. ¡ Que diferencia Aminetu !,. Son premiados pola hipocrisía e a espoliación económica.
Todos vos, todos aqueles que usades a mentira por norma e a hipocrisía política, non lle chegades nin á altura das zapatillas en dignidade á Sra. Aminetu Haidar. Así vos zurzan con fío de aceiro.
Estamos contigo Aminetu, coido que é moi doado dicilo desde a posición cómoda que nos atopamos, porén, nós somos da vella garda e o expresamos cun sentimento que sae do corazón. Recollo as palabras de Saramago destes días e que nós compartimos plenamente: "No pongas en riesgo tu vida porque te quedan por delante muchas batallas y eres necesaria. Tus amigos, los amigos de tu pueblo".
Moitas apertas Aminetu, dos que facemos e escribimos neste blog.
Xoán de Cagalloso e Soutomaior Nova de ultima hora do día 05-12-2009
Sinaturas en solidariedade con Aminetu Haidar, premer neste link para asinar.
Premer nos Links
* Probas dunha expulsión premeditada.
* Marrocos pecha as fronteiras.
* CARTA DE JOSÉ SARAMAGO A AMINETU HAIDAR. MENSAJE DE JAVIER BARDEM E DE EDUARDO GALEANO
Ollar Video das escandalosas declaracións de Felipe González.


Chúzao
del.icio.us


Non hai Comentarios »