O Centro Galego de Bos Aires sentiuse Chantaxeado polos mandados de Feijoo
O Centro Galego de Buenos Aires sentiuse "chantajeado" pola Xunta
Os emigrantes acusan de chantaxe e actitude mafiosa aos dirixentes que propoñen que o centro o dirixa unha fir
ma foránea
A actitude dos representantes da Xunta foi mafiosa e chantajista, están a xogar cunha institución histórica e coa saúde de miles de galegos, di un dos socios do centro que, como todos, prefire manter o anonimato ante o temor a posibles represalias. Foi unha chantaxe en toda regra, era dicir si ou a ruína e a nada para os e
migrantes, aclara outro emigrante coñecedor das conversacións que tiveron lugar nunha tensa reunión que deixou sorprendidos aos representantes galegos.Ler máis......en Xornal.com
================================
A tropa do demo e "mandados" de Feijoo que foron a Bos Aires son: Conselleira de Sanidade Pilar Fajas , Conselleiro da Presidencia Alfonso (Wheel) e toda a tropa de secretarios e outras malas herbas. Foron a impoñer a privatización da sanidade nese centro, pero para máis carallo cunha empresa (3A Recoletas) foránea de Galicia. Esta tropa fixo “Camino” ata Arxentina como auténticos sectarios do mesmo “Camino” de Balaguer e mandados de Feijoo presidente de Galicia que só coñece o idioma da privatización do social, consignas de FAES e do Sr. do bigote ese home forte do trío das Azores.
Lembrar que nos agarda un goberno moi “negro” con respecto á sanidade, educación e outros servizos públicos para a maioría dos galegos e non se escapan dista maldade os que tamén lles votaron no seu día. Comezan en Bos Aires esa táctica de as “public-private partnerships" de inspiración neoliberal-salvaxe como as que está aplicando Esperanza Aguirre en Madrid.
Arxentina é un laboratorio de experimentación que preto estará en Galicia. 
Fracasou no mundo ese modelo “neocón”, hai que tomar outras medidas de control estatal para pararlle os pés a todos aqueles que nos meteron nesta grande crise mundial e estes novos gobernantes de Galicia privatizan que algo queda. Vannos meter outra vez o raposo no galiñeiro e case neste sufrido pobo nin temos galiñas, estes “neocóns” coa súa rapina insaciable ata lles interesa as plumas destas aves.
Temos que pararlle os pés a esta xente que aínda non se decataron que o sistema neoliberal-salvaxe fracasou e nos leva á destrución do planeta, no social, valores humanos, na ecoloxía e na galopante corrupción política.
Atopámonos collidos por uns gardiáns de luva branca, que lles importa un carallo acadar todo como sexa: diñeiro público, diñeiro dá usura bancaria ao persoal, máis e máis diñeiro para eles só. Son eses poucos que orquestran a degradación dás nosas vidas: empresarios, banqueiros e políticos. Un xornalismo nas mans deses gardiáns que seguen en manter este sistema xa caduco de consumo e de libre mercado salvaxe, todo elo para enriquecerse moito máis eses poucos, por iso dá moita mágoa ler hoxe ou ver calquera medio de comunicación. Sabemos que ese libre mercado quebrou fai máis dun ano, e os nosos gobernos seguen coa mesma, onde lles deron diñeiro público a mans cheas para manter a eses "gardiáns" do sistema. Cos nosos impostos. ¡manda carallo na habana!. Coido que a esquerda está a perder o tren dá oportunidade desta crise económica, de valores e ecolóxica para dar un xiro político de 300 graos e buscar unha vía nova para esta sociedade mundial que está a perder o norte. Teñen que trocar dunha vez por todas ou sistema actual que nos leva sen remedio a un túnel sen saída. O exemplo o temos neste goberno de Galicia que segue neste inferno neoliberal. Non sei a onde nos leva. Porén, fágome unha idea cal é o camiño. Xoán de Cagalloso e Soutomaior
Moi interesante ler as novas desta desfeita mafiosa en: Xornal.com e o Blog Feijoomente.blogaliza
Foto da xuntanza en Bos Aires de Xornal.com


Chúzao
del.icio.us

