En Lembranza de Anisia Miranda
Pasamento de Anixia Miranda
A escritora e xornalista de orixe cubano Anisia Miranda finou onte día 22 en Gres (Vila de Cruces) era dona do grande literato galego Xosé Neira Vilas.Esta nova do seu pasamento acadou no meu corpo un sentimento de tristura que aínda agora non recuperei.
Véñenme neste intre algúns recordos de fai un ano, cando estiven con Anisia e Xosé en Gres unha mañán e parte da tarde, xantando e falando sobre o de musicar ese gran poema de Xosé “Desta Terra” pola Cantautora Olalla Bouzas.
Teño que recoñecer que todo foi amabilidade e agarimo por parte dos dous. Estivemos paseando pola beira do río Ulla e a súa paisaxe de verdes ourelas, as illas de Gres e ollando con moito agarimo ese poema gravado na pedra “Desta Terra”. Foi para min un día emotivo que xamais esquecerei. Como vedes nunha foto que lles saquei, onde están nos bambáns arrandeándose como dous nenos pequenos onde pódese observar a tenrura e o amor entre dous seres que se queren.
Graciñas por darme un día da vosa vida que sempre o lembrarei con moito agradecemento e cariño. O meu sentimento de pesar a Xosé.
Anixia, que a terra che sexa leve.
Teo Cardalda






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario