Comando Cultural Os Rabiscos -Unha homenaxe aos bos e xenerosos
;
Unha homenaxe aos bos e xenerosos
Os milleiros de persoas que o domingo 18 asistiron á manifestación en Santiago contra a política de agresión e regresiva da Xunta en detrimento da lingua galega, aparte da súa connotación reivindicativa, tamén foi emocional. Digo emocional polo feito que, cada un de nós que apoiamos esta protesta indirectamente lle estabamos facendo unha homenaxe a tódolos galegos/as que conservaron o idioma durante moitos anos, falo dos nosos antergos, dos nosos avós que, contra vento e marea a seguiron falando aínda nos tempos máis escuros en especial naquela “Longa Noite de Pedra”.
Deixáronnos as súas herdanzas materiais, cousas que van e veñen e outras que se evaporan co tempo. Porén a herdanza que nos deixaron do idioma é a siña de identidade que nos conecta entre o presente e mailo pasado e grazas a eles aínda perdura.
Cando se usa a lingua como “arma política”, están a non respectar e ofendendo a dignidade dos nosos antepasados, non hai peor ofensa que a falta de respecto aos finados de tódalas xeracións pasadas que nos deixaron esta riqueza cultural do noso idioma.
A mágoa é ter que aturar a algúns demagogos/as que non representan a ninguén, creando unhas plataformas dun suposto “bilingüismo”que é unha careta que poñen na face cando lles peta, creándolles un complexo que teñen no seu maxín e lles fai odiar a lingua dos seus mesmos avós querendo devolvernos ás cavernas da marxinación; o “ bilingüismo
” sempre existiu, todos aqueles que falan galego, tamén falan castelán.
Non coñezo a ninguén que fale galego e que descoñeza o castelán. O que teñen que procurar estes manipuladores da realidade é que, axuden a coidar o castelán con milleiros de palabras anglosaxonas que da moita mágoa escoitalas. O perigo de que non sexan ler as futuras xeracións as cantigas de “Alfonso X el Sabio”, é no é demagoxia, atópase nesta grande manipulación “política” por parte de algúns renegados en contra do idioma galego. O que se intenta por parte desas asociacións é rematar coa nosa base cultural e siña de identidade, todo isto e máis que digan e sigan dicindo fédeme a “casposo e rancio”.
Castelao dicía: “ o idioma imposto non acadou matar o noso idioma natural; pero acadou degradalo” O goberno da Xunta intenta matalo paseniño aliándose con esa Asociación “Galicia Bilingüe” que lidera Gloria Lago, que non sei aínda hoxe a quen representa, que supoño que xoga o seu xogo, facer que fai o que non fai, acadar a súa parcela de poder en base a ese movemento que lidera para finalmente integrarse na rede clientelar usando unha política trapalleira e perigosa.
Porén, se aínda somos galegos é pola nosa fala. Eses mesmos galegos estiveron o domingo en Santiago defendendo a cultura do idioma e homenaxeando aos bos e xenerosos que dormen o sono da eternidade, deixándonos a herdanza desta fermosa lingua .
“Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”, desta maneira falaba Castelao.
Teo Cardalda F.






Chúzao
del.icio.us
En esta ocasión:
Ti sabes que eu non son galego, e que nono falo de cote... Eu aprendino escoitando a Benedicto, a Bibiano... lendo a Celso Emilio... É decir: si eu, que non teño relacións familiares con o galego, o aprendín, quere decir que non hai barreira idiomática. É una tolería querer face-lo desaparecer, porque sí. Ningunha lingoa de España debe esquecerse: iso é un delito, e quen quere facer iste delito é un canalla.
Apertas.
Gustavo — 21-10-2009 - 14:11:48 GMT 1
Gustavo: é impresionante como escribes o galego. O único que se pode resumir no artigo é, que son uns sinvergonzas, casposos, rancios e extremistas. O máis triste de todo isto, son os putos renegados da súa lingua que a falaron os seus avós e estes renegados non respectan ren,. xa me dirás ti como van a respectar a Galicia senón non respectan aos seus antepasados. Estamos perdidos con estes tíos/as que nos gobernan, aínda estamos a agardando o da sanidade, xa verás como nola queren privatizas. Son como demonios.
Sarampelo — 21-10-2009 - 20:30:49 GMT 1