O PP desmantelará o servizo de software libre.
“O PP desmantelará o servizo de software libre "Mancomún" en Galicia”Ler a nova completa.
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, confirmou o desmantelamento do centro de servizos de software libre “Mancomún”, dependente da Xunta e que había posto en marcha o goberno bipartito, tal como informa o BNG a través dun comunicado. 
Na súa intervención, a deputada nacionalista relatou os éxitos cos que contara o servizo “Mancomún”. Entre eles destacou que se conseguiu que o 10% das empresas galegas utilicen software libre e que o seu uso se multiplicase por tres nas escolas. Lembrou ao conselleiro que todo isto foi recoñecido pola ONU.
-------------------------------
Queren desmantelar todo signo que cheire a bipartito e a lingua galega. Non teñen vergonza estes tíos/as. ¿Que se pode agardar duns gobernantes que non respectan aos seus antepasados, aos seus avós?.
Como van a respectar á maioría dos galegos, cando ni sequera se respectan así mesmos como galegos que son.¿Como se vai poder aguantar a uns elementos que gañaron as eleccións coa demagoxia dun iate é un coche?.
Que fixemos nós, que delito cometemos a maioría dos galegos que queremos falar galego, ter unha sanidade social e un progreso sostible para aturar a esta caterva de retrógados, sectarios políticos e relixiosos.
Vaia tropa que nos tocou vivir
Xoán de Cagalloso e Soutomaior
|
Lo confirmó el conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda
El PP desmantelará el servicio de software libre "Mancomún" en Galicia
23:58h. del Viernes, 16 de octubre.
|






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario