Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Concerto de "La Paz sin Fronteras" Cuba

sarampelo @ 14:22

 Concerto de "Paz sin Fronteras" Cuba.

1253502731905cuba-9gd.jpg

O cor branco foi o máis visto na Praza da Revolución da Habana.  O título deste post corresponde ao proxecto do cantante Juanes de 2008, que converteu  en realidade este  soño seu o pasado día 201253502227623cuba-2gd.jpg de setembro na Habana. Despois de ollar os vídeos deste macro concerto (un millón de persoas), quedoume na testa o estribillo da canción que cantou Juanes con Miguel Bosé : "Dame una isla en el medio del mar, y ama la libertad; dime que el viento no la hundirá y ama la libertad".1253502353853cuba-4gd.jpg Este estribillo fédeme un pouco a rancio, deume a impresión que o tanden Juanes-Bosé intentaron manipular ao persoal. Notouse por parte deste dúo que viñeron a Cuba coas ideas neoliberais pero co rostro amable. Cando remataron a canción intentaron que o público corearan o que estes dous patéticos desexaban oir. A resposta ás súas insinuacións sempre foi a mesma ¡Cuba!, Cuba, Cuba !.Señores Juanes e Bosé, aos pobos dignos e cultos non se lle pode tomar o pelo nin enganar dunha maneira farisaica falándolle de falsas liberdades. Juanes e Bosé (tanto monta monta tanto) non estaban diante dun pobo inculto, alienado, embrutecido como o de estas sociedades neoliberais nas que vivimos, de TV lixo e xornais ao servicio de bastardos, con falsedades e programas miserables que embrutecen e desmontan os valores máis importantes do ser humano.

;

;

Fixeron os dous no hotel un batifondo patético (ver vídeo), inclusive estiveron por suspender o concerto. Falaban de paz e liberdade, nada dixeron dos presos de Guantánamo. O Juanes falou dos secuestrados no seu país, pero nada falou dos escuadróns da morte do narco Uribe. Se Juanes desexa igualdade e hermandade para todos que nos explique en qué son irmans e iguales, oligarcas y obreiros.

  Tamén hai que dicir sobre as agresións verbais, críticas e ameazas contra Juanes por parte daqueles sectores da extrema dereita de Miami, moi ben pagadas polo goberno de EEUU, son da mesma raza do terrorista Posada Carriles. Ao final de todo, estes dous arganizadores nin contentaron aos de Miami nin a maioría do persoal deste planeta que estamos por un mundo mellor e máis xusto. Que lle vaian cantar os dous ao pé da Casablanca, e á casa de Uribe (sete bases USA no seu territorio) para que teñamos paz neste mundo. 

Lle preguntaron ao cantautor cubano 1253502484086cuba-6gd.jpgAmaury Pérez, sobre que pensaba deses cubanos recalcitrantes e sectarios de Miami que non lles houbese gustado que se fixera o concerto, 1253502426686cuba-5gd.jpgcontestou cunha cun sorriso moi tranquilo: "Le gusta a mi pueblo y con eso nos vale" .Finalizou o concerto Silvio Rodríguez co Grupo Los Van Van.

Recordo neste intre dos trinta e seis anos da morte de Victor Jara (seguro que Juanes-Bosé nin se acordan nin queren acordarse), antes de asasinalo lle machacaron as mans por tocar a súa guitarra de recendos a primaveras e esperanzas.

 Lembro cando cantou na Habana un 4 de febreiro de 1972 na "Casa de las Américas" interpretou a canción, entre moitas, aquela de : "Ni Chicha ni Limoná".
Juanes-Bosé, este concerto que organizachedes digoo con toda humildade, foi "Ni Chicha ni Limoná". O máis bo e intusiasta de todo, foron o millón de cubanos cos gritos de : ¡Cuba,Cuba,Cuba !

344-juanes_embedded_prod_affiliate_84.jpg

 

Máis embaixo premer nos links para ollar algúns vídeos deste  concerto.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

cubainformacion.tv

cubainformacion.tv

cubainformacion.tv

cubainformacion.tv

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>