Para que despois falen que non temos crisis
Para que despois falen que non temos crisis

Seica que o pasado fin de semana a cadea de TV Telecinco tivo unha audiencia a todo meter. Din os entendidos deste lixo fedento da caixa tonta, que fai moito tempo que non rexistraban tan boas audiencias. Tamén din que, foi a rentabilización que fixeron de Belén Esteban ( de algo sóame esta muller, pero non sei de que, paréceme que é algo así como unha grande científica ou algo parecido, estou en dúbidas). E logo dín por eses camiños e congostras da política desta "España querida" que non temos crisis. Temos unha crisis económica de cabalo, pero o máis triste é a crisis de valores e o analfabetismo televidente que, sumando todo
elo, danos un coeficiente de cero patatero. Esas si que son as armas de desinformación masiva. Son armas que están utilizando desde fai tempo os grandes globalizadores e xenocidas para entorpecer a mente ao persoal e que teñan un pensamento único. Algo disto xa o dicía o Sr. das Azores un tal Ansar.
Os deuses nos collan confesados, se temos que que aprender e culturalizarnos destas armas chamadas Televisións Lixo (Basura).
Xoán de Cagalloso e Soutomaior


Chúzao
del.icio.us

