Golpe de estado en Honduras. Malditos sexan
GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS

Esta ilustración de Pedro Méndez Suarez de Rebelión é a máis acorde co golpe de estado en Honduras. Un golpe maís ben ao estilo dos anos 60 do século pasado. Vese ben quenes son os malditos e bastardos: a oligarquía controlando ao poder xudicial corrupto e os animais do garrote.
Pero o máis sangrante é o dese "progresista" xornal "El País" que xustifica o golpe, son uns sinverguenzas terxiversando e manipulando e animando a eses salvaxes con roupa que teñen as armas. Analisando a información dese apodrecido xornal, olleas que sáltase axiña a lexitimidade da diversidade dos puntos de vista para meterse de cheo no falso e tendencioso. Este xornal bríndanos unha lección impagable de desinformación, é vergonzoso.
Ao final denigra a un persoeiro público como o presidente Zelaya chamándolle un "populista de familia bien", logo usa a fisonomía "parece un mariachi". O máis triste do xornalismo cando intenta empañar a fama de Zelaya de incorruptible, lanzándolle unha acusación de corrupción (que non especifican) nada menos que de Otto Reich, o xornal El País nada di deste personaxe. Vouno dicir eu quen é este "elemento": foi subsecretario para América Latina de Ronald Reagan e George Bush pai, padriño de terroristas, organizador de golpes de estado, defensor de torturadores, defensor das peores dictaduras e defensor de violacións de dereitos humanos. En "El País" saben de sobra quen é Otto Reich, pero o importante era enmerdar a figura de Zelaya. Temos un xornal en España de manipuladores e mandilóns ao servicio de bastardos intereses, xa no seu tempo apoiara o Golpe contra Chávez.
Xa viña eu facendo desde un tempo atrás o non ver nin siquera a portada dese xornal en calquera cafetería; hoxe o collerei para levalo ao Water, pero non para lelo. Son uns impresentables e uns caraduras.
&&&&&&&&&&
Condena contra este vil acto ao pobo de Honduras e que o presidente Zelaya sexa reposto incondicionalmente como presidente elexido democraticamente polo seu pobo e os causantes sexan castigados como se merecen, civís e militares






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario