Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Garda Civil retén a un cidadán por levar unha insignia republicana

sarampelo @ 00:10

A Garda Civil retén a un cidadán por levar unha insignia republicana

Segundo os axentes, era unha afrenta "á monarquía elixida de forma democrática"

bandera-republicana.bmp
Entón, o afectado solicitou chamar ao seu avogado e a un medio de comunicación, segundo Canarias Agora. Cando os axentes pedíronlle que lles acompañase a un cuarto, o cidadán palmero negouse, asegurando que "se o xuíz mándame quitarme a bandeira, fareino". Entón, a Garda Civil, con moi malos modos replicoulle polos meus "cojones", para facerlle entrar no cuarto.

======================

Isto é unha vergonza, ata pon os pelos de punta que a catro analfabetos déanlles unha arma, e o poder poñernos de seonllos ou pecharnos nun cuarto, é algo de película de terror. Eu levarei a bandeira que me pete na solapa, estou no meu dereito. Xa está ben de intocables neste país, xa está ben de que ninguén poida tocar ao rei, nin ninguén poida discutir a transición que na actualidade é a eterna transición. Logo a estes servidores da orde pública no lle explicaron que o Tribunal Constitucional permiteu a bandeira republicana en calquera lugar , ata no solapa ou na orella. ¿Qué carallo lles enseñan nas academias da Garda Civil?. Dame a sensación que neses centros aínda reside un fedor a fascismo.

Di o garda civil que era "unha ofrenta á democracia". A estes "servidores da orde" seguro que neses "centros" non lle dixeron que a verdadeira institución democrática, elixida polos cidadáns españois, libres e democraticos foi a II República Española, ao que os fascistas arrebataron pola forza das armas, onde fora a máis grande ilusión colectiva de tódolos tempos en España, o principio de acadar un país moderno, e falo e escribo  con causa xa que iso mo contou meu pai que ten agora 95 anos e estivo na Guerra Civil no bando dos franquistas, recoñecendo que aquilo foi un erro e perdérase toda esperanza de facer un país avanzado, xa que a Constitución era unha das máis progresistas e xustas do mundo. Foi unha mágoa que a votaran abaixo a sangue e lume polos fascistas. Cousa que aínda hoxe os do PP xamais condenaron o franquismo e estámos na mesma. 

Iso de dicir polos meus "cojones", sóame a unha música que xa tiña esquecida. Neste país aínda todo ten que ser polos meus "cojones". A lei destes gardas civiles a descoñecen. ¿Cando se darán conta dunha puta vez que aquí é a lei  quen manda e non os "cojones". Xa está ben de ser gardas, xuíces e verdugos, xa está ben carallo, de tanta prepotencia e mangoneo. Eu si que estou ata os "cojones" de tanto fascismo e tanta impunidade por parte dalgúns poderes do Estado.

Ao rei ninguén o elixiu, senón que nolo impuxeron sendo unha rémora daquela "longa noite de pedra". Atopámonos na puta eterna transición que nos leva ao fascismo e as cavernas das que moito lle gusta ao Rouco Varela, aquilo do nacional-catolicismo.

É o señor "socialista" Ruvalcaba" non pensa depurar a estes ou este garda civil. Nin de coña o fai, ten que contentar aos mesmos de sempre, aos "democraticos de toda a vida". Iso é intocable.

¿É que non vai haber nin siquera unha pregunta no Parlamento?. Que vergoña de "democracia transitoria".

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

 

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>