Rosa Díez lle chama "Garrapata" e ser " inmundo" a Sastre
--------------------
Rosa Díez é o xenuino produto político da eterna transición na que vivimos; cultura mínima, ambición atroz, principios inexistentes e confusión deliberada entre oportunismo e intelixencia; é dicir protofascismo.
A eterna transición se retroalimenta coa ideoloxía que produce e así busca permanecer, como calquera réxime.
Rosa Díez é suxeito e obxecto desa produción, ideoloxía atascada a medio camiño entre unha ditadura fascista con tintes paletos e unha democracia de corte europeo occidental.
Esta Señora aproveita a facer demagoxia e insultar con un grave problema que sempre dou moito de si aos partidos políticos. O problema basco é como unha "goma" estira e estira e sempre volve ao seu principio, uns a estirar e outros a soltar. Uns matando como asasinos que son, e outros alimentándose desa "goma". Por outra banda, os medios (falsimedia) ao servicio de intereses bastardos terxiversan e manipulan xa que ollei o artigo de Sastre completo e non vexo nin demos nin farrapos de gaitas. O principal e demonizar ao suxeto sexa como sexa. Imos mal, e cada vez peor sendo esta Señora un mal para esta "democracia". Unha muller resentida é como unha tigresa coas uñas afiladas; soamente ler o seu "curriculum" da moito medo ter a esta suxeta no xogo político. O chamarlle "inmundo" a Sastre lembrame a Hitler cando lle chamaba aos xudeus con ese mesmo calificativo. Da mágoa ver, escoitar e aturar a estes impresentables, arribistas e oportunistas políticos que temos neste sufrido país. Ler o artigo completo de Sastre.
Se alguén ve diaños no artigo, logo apaga o candil e temos que fuxir deste país.
Xoán de Cagalloso e Soutomaior







Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario