Camiñando cara o Fascismo
Imos camiño do fascismo se os deuses
non o remedian.
Sentencia do caso dos Mossos que lle deron unha malleira a un detido nunha comisaría.
Non existiu "trato vejatorio ou degradante" nos 4 Mossos que deron unha malleira a un cidadán
O caso saltou aos medios de comunicación debido a que a Consellería de Interior instalara unha camara de vixilancia en sala de cacheos que gravou como agredían a un detido.
A Audiencia condenou a 600 euros de multa por unha falta de lesións aos tres axentes. A Fiscalía pedía cinco anos e nove meses de prisión, 9.600 euros de multa e sete anos de inhabilitación por un delito contra a integridade moral e outro de falsidade documental, ademais da falta de lesións.
O detido sufriu varias contusións na zona ocular, o nariz, o brazo e o tórax, pero segundo a sentenza non está demostrado que perdese a conciencia.
------------------------
Se un ollea o video parece que o xuíz debeu quedar cego. 600 euros por unha malleira ou unha morea de hostias según os xuices ten ese coste.
Daquela os sindicatos policiais votaban chispas contra as cámaras nas comisarías. ¿Logo cando non están que aberracións fan?. Agora estes mesmos sindicatos nada din da sentencia.Isto lembrame o pasado e camiñamos por corredoiras moi negras e escuras.
Ao final da sentenza, din que non está demostrado que perdese a conciencia. É que estes tíos que xuzgan nos toman por menores de idade, por idiotas ou por cegos. Isto quere dicir que se xuntan vinte polis a dar unha malleira boa, a repartir 600 euros son capaces de votar dando hostias ata que comecen a súar, moito menos euros que ir a un xinnasio.
Ao ollar o video soamente vin a catro elementos covardes que amparándose nunha placa desatan a súa mala hostia con un detido que nada pode facer. Esa mala hostia a levan dentro por problemas sicolóxicos e traumas, xa que non son capaces de facer outra cousa e a súa capacidade intectual e cultural é mínima, onde xamais se preguntan a si mesmos calquera orde que sexa ilexítima ou poñer en cuestión calquera barbaridade ordeada por un xefe. A algúns destes polis (que pagamos todos) os miolos cero patatero.
Xoán de Cagalloso e Soutomaior






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario