Cacicada, Nepotismo ou irresponsabilidade.
¿Será isto unha iresponsabilidade, ou un adianto do Entroido?
A nova que estou lendo no Blog Esmorga comeza desta maneira:
"Javier Dorado Soto, un crío de 21 tacos, estudiante de derecho, es uno de los tres asesores de la Consellería de Economía e Industria. "

Se a nova é certa, apaga o candil e ímonos deste país. Non sei ren sobre este nene, pode ser unha lumbrera, isto non o discuto, pero poñelo como asesor dunha Consellería tan importante para o despegue económico de Galicia hai que ter moitos bemoles. Que a industria e a economía deste país xa de por sí escarallada nestas materias sexa asesorado por alguén que descoñece (segundo as novas) o texido industrial é como ir ao cortello e matalas todas.
Alguén por eses foros comentaba que, aínda unha persoa moi ben preparada, con anos de experiencia, lle temblaría o pulso ante esa responsabilidade histórica. Aínda non mo creo que isto sexa certo. Manda carallo na Havana. O Sr. Dorado atopou o que non poido Hernán Cortés, "El Dorado" con 5000 euros ao mes.
Xoán de Cagalloso e Soutomaior






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario