Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Xeneral Stanley McChrystal, artigo de James Petras

sarampelo @ 14:07

Impresionante  e terrorífico  o comezo do artigo de James Petras  

" Os Deltas son uns psicópatas.... Tes que ser un psicópata acreditado para unirche á forza Delta", díxome en Fort Bragg, alá polos anos oitenta, un coronel do exército estadounidense. Agora, o Presidente Obama acaba de ascender ao máis infame dos psicópatas, o Xeneral Stanley McChrystal, á xefatura do mando militar11.jpg estadounidense e da OTAN en Afganistán. O ascenso de McChrystal para ese papel dirixente veu marcado polo papel fundamental desenvolvido na dirección dos equipos de operacións especiais encargados de executar asasinatos extraxudiciais, torturas sistemáticas, bombardeos de comunidades civís e misións de procura e destrución. Incardina totalmente a brutalidade e a afección ao sangue que acompaña a construción do imperio dirixida polo exército. Entre setembro de 2003 e agosto de 2008, McChrystal estivo ao Mando das Operacións Especiais Conxuntas do Pentágono (JSO, polas súas siglas en inglés) que se serven de equipos especiais para perpetrar asasinatos no exterior. Ler máis este interesante artigo de James Petras.




   

   Isto xa non é novo, sempre estiven convencido que os gobernantes ianquis e os seus “mandilóns” estiveron creando unha sociedade enferma. Non me estraña que agora saia este militar que din que é un psicópata, ese exército está cheo deles, comezando por aquel da II Guerra Mundial un tal Patton. Estou vendo que este Obama usa a zanahoria e mailo pau, é máis sofisticado. Non como o xenocida Bush que só usaba o pau. Non deixa de ser o mesmo.mcch400-2.gif Din que a cara é o espello da alma, soamente verlle para a cara deste elemento e como para votar a fuxir e correr ata poñer milleiros de quilómetros por medio.


 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>