Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

mananceiro.jpg

18/05/2009 GMT 1

A merda co ventilador comeza a expandirse pola Pel de Touro de nome España

sarampelo @ 14:36

 Lei de Partidos: O ventilador coa merda comeza a expandirse

tasioleypartidos.jpg

Gráfico de Tasio

 

 

A merda apoiada polos grandes medios ao servicio do PP e PSOE comeza a cheirar que da noxo. Europa nada di, e este país cada vez retroce a épocas daquela "Longa Noite de Pedra". Isto lémbrame aquela historia de Italia que lin fai uns meses e non lembro onde foi:

" En 1630, en Milán, un sospeitoso, denunciado por un honrado cidadán, é detido e torturado e, tras negar inicialmente a acusación, acaba por confesar o seu delito. Baixo tortura, denuncia tamén ao seu barbeiro, cómplice da atrocidade, e este á súa vez denuncia a outros homes, poñendo ao descuberto toda unha cadea de monstruosos malhechores que comeza, ou conclúe, nun cabaleiro de nome Padilla, xefe da campaña de terror. Unha vez condenados e executados, sobre as ruínas da casa do barbeiro alzouse unha columna admonitoria que recordaba a infame acción dos reos e advertía eternamente aos malvados sobre as consecuencias de semellante tropelía. ¿Que fixeran? Considerábaselles untori, é dicir, untadores sinistros que propagaran a peste pola cidade depositando nas paredes e nos obxectos a sustancia contaminante que transmitía a enfermidade. Só en 1778, baixo o empuxe luminoso da Ilustración, a columna foi derribada, considerando a época nova -a de Montesquieu, Verri e Beccaria- que a infamia non residía nos condenados senón nos maxistrados que os xulgaron e nos cidadáns amedrentados e igñorantes que axudaron a converter a tolemia, a superstición e o absolutismo nun procedemento natural."

E isto é o que está pasando neste país gobernado pola "esquerda" e os cidadáns mediatizados polo "Circo" xa que nin polo pan reclaman. Vainos chegar o paro ata os mesmos collóns e aquí ninguen se move.

Agardo con impaciencia que os maxistrados se dignen a ilegalizar ao PP por non condenar o xenocidio de Franco, e meta na cadea a quen fai apoloxismo daquel infame réxime, en especial ao apoloxista Mayor Oreja. Dáme a sensación que vou agardar por estes bos maxistrados ata que mexen as galiñas.

-------------------------------

NOVA do 22 de maio 2009

O Tribunal Constitucional tumba a ilegalización de Iniciativa Internacionalista.

Nesta resolución do Tribunal Constitucional o único que gañou foi a democracia e o sentido común. Retiro as palabras que dixen o outro día neste mesmo post, xa non tiven que agardar a que mexaran a galiñas, aínda que queda moito que facer neste eido. Intentemos os cidadáns que nos consideramos demócratas, indistintamente das suas ideas políticas, que non se enterre a Montesquieu, xa que por parte do partido de goberno de "esquerdas", sempre o intentaron (lémbrese Alfonso Guerra), e do PP xa non digo nada.

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis