Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Grave acusación a Aznar de Juan José Millás

sarampelo @ 20:34

 

"Grave acusación a Aznar horas antes da presentación do último libro "España puede salir de la crisis"

"Millás: Aznar non escribiu ningún libro nunca aznar.bmp

"Horas antes de que o ex presidente do Goberno, José María Aznar, presente a súa nova obra, "España pode saír da crise", o escritor e xornalista Juan José Millás acusoulle de non escribir "ningún libro" na súa vida." Ler máis.....

 

 

-------------------------------------------

 

O Millás cando fala algo sabe. ¿A quen lle pode estrañar isto?. Quizais aos nacidos de bo berce. Pois a súa capacidade intelectual xa a demostrou ao longo da súa andaina, non sí. Nembargante, coido que co seu intelecto pode chegar a ser un García Márquez, ou quizais un novo Cervantes. Pode ser que Millás esté trabucado e todos nós tamén. Darvos conta que foi o home que apoiou a salvación de Irak con tropas pacifistas. Quixo emular ao gran pintor Velázquez, pintando as costas de Galicia con pintura negra, nesta faceta pódese dicir que case o consigue, faltoulle unha brocha máis para rematar, pero colleu dabondo "prestixio".

O home quixo, ou case o logra, de pechar toda a costa de España con ladrillo e cemento, para tratar de que non chegara o sida cos caiuqueros, desta maneira xa non usaríamos condón e aforraríamos unha chea de diñeiro. Algunhas obras aínda quedaron feitas, pódese dicir que son moi fermosas, que mágoa que non seguira.

Non lin o libro que presentou estes días: "España puede salir de la crisis", e non podo facer unha opinión, aínda que algo teño lido pola Internet.

Seica que o primeiro que fai e buscar un culpable, e fala de Zapatero. Si señor, ten moita razón, este foi o que puxo a andar as hipotecas basura e levounas polo mundo adiante como un tolo, xa llo viña avisando Bush desta anomalía neoliberal salvaxe. Fala tamén de flexibilizar a xubilación, ou sexa que a pensión do xubilado vai ser pagada cada un seguindo no traballo. Nesto temos que dicir que vai por bo camiño xa que desta maneira podemos traballar ata os oitenta ou ata morrer, xa que a preocupación do Sr. Aznar é de que manteñamos  a nosa fortaleza de "macho íberico" e a dignificación do traballo como ser humano, un completo home.

Nembargante, O Sr. pacifista Aznar tiña que facer unha salvedade: os que chegan a padecer alzheimer aos 80 ou 90 anos non pode estar ao cargo de pilotar un 747 de rutas longas. Un ciruxano que padezca parkinson non poida exercer a esa idade.  Un camioneiro de 80 anos con dioptrías de cus de botella non poida levar un trailer.  Poida que o Sr Aznar colla nota destas anomalías, quizais non pensara nesto. Home, son casos aillados, pero ten que telos en conta.

Eu desde esta sinxela tribuna tamén lle podo dar ideas  para superar a crise como: botar ao fondo 30 "prestixes" nas costas, e chamar aos parados para brigadas plaieras. Outra idea sería que todos aqueles compañeiros que tivo cando estaba na Moncloa, que devolvan a España toda a pasta que chulearon en billetes de 500 euros, xa que ao pobre de Aznar o enganaron miserablemente, incluido o seu xenro Agag. Como vedes foi un grande home e pasará á historia como escritor, poeta, pacifista  pintor e dignificador do traballo de anciáns. Coido que pode arranxar a crise deste país. Tiñamos que deixalo e confiar nel. Non si.

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

 

 

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>