Probas da vinculación de elementos policiais con grupos neonazis
Novas probas da vinculación de elementos policiais con grupos neonazis. Ler máis...
O vídeo que aparece embaixo desta liñas recolle o momento en que pasa a policía, trátase do 27 de agosto e o 11 de setembro de 2008
En concreto o xoves 21 de agosto pola noite, cara ás 23:00h pasaron por diante do CSO A Traba dúas motos "scooter" con catro persoas de estética neonazi gritando "¡guarros!". O insulto "guarros" é típico de círculos ultraderechistas para referirse aos movementos sociais anticapitalistas, sexan da tendencia ideolóxica que sexan.
Este feito non tería maior transcendencia se non fose porque 6 horas despois, ás 5:00h da madrugada, unha patrulla da Policía Nacional paseouse lentamente diante do centro social e a través da megafonía do coche un axente gritou, así mesmo, "¡guarros!". Os feitos repetíronse o mércores 27 de agosto ás 3:00h da madrugada, cando outra patrulla da Policía Nacional pasou diante do CSO A Traba pretendendo espertar aos activistas do centro social gritando pola megafonía do coche "¡guarros, arriba!". De novo, o sábado 6 de setembro de madrugada ás 2:30h volveron pasar ao berro de ¡guarros, guarros!. E poucos días despois, o xoves 11 de setembro ás 4:30h da madrugada pasaron por última vez ao berro de ¡boas noites, guarros!.
Información de La República.es
------------------------------------------------------
Como vemos, 4 veces en menos dun mes estivo pasando unha patrulla da Policía Nacional, non sempre o mesmo coche, por diante do CSO A Traba con berros e insultos, xusto nun contexto no que grupos nazis realizaran ataques violentos contra o centro social. Se isto é desta maneira, apaga e ímonos. É como ir ao cortello e matalas todas.¿ A quen meten na policía?. Si se comproba a veracidade polo fiscal que lle corresponda ou mandos policiais ( o dubido moito que metan mano), isto ten que depurarse e a puta rúa cos responsables e non andar con panos quentes. Eu como milleiros de cidadáns que pagamos IRPF, non estamos dispostos a manter cun soldo a neonazis, ¡ foder ! era o que me faltaba nesta vida, despois de burro apaleado. Ollar o de Inglaterra cando o cumio do G20, de inmediato depurouse aos responsables. Se non se fai desta maneira, este país a leva clara. Así nos vai.
Xoán de Cagalloso e Soutomaior






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario