Unha cea cómplice no castelo de Drácula
Unha cea cómplice no castelo de Drácula 
Fervello: A masacre de gaza remata cunha cea na estrada principal de Israel , a Nº 1 de Tel Aviv a Jerusalén, que foi completamente pechada ao tráfico desde as 16,30 ata 19,30 horas de onte domingo día 18 de xaneiro. Alí estaban o criminal Ahud Olmert personaxe sinistro que ten enriba do lombo dúas masacres e milleiros de mortos no seu curriculum, o británico Gordon Brown, o francés Nicolas Sarkozy, a alemana Angela Merkel, o primeiro ministro checo Mirek Topolanek e o “socialista” español José L. Rodríguez Zapatero. Coido que son unhas estrañas negociacións de paz, onde só se xuntan y brindan co agresor. Aquí podedes ollar e ler o discurso do xenocida Olmert (inglés).
Cada vez creo que estes “muchachos” están a tocar fondo. Soamente ollar as imaxes desa xuntanza cos cadáveres aínda quentes , son un sarcasmo, unha infamia e rompen tódolos esquemas da xente ben pensante.Aqui o discurso do xenocida na cea (español).
Esta cea fora anunciada publicamente do goberno de Israel, onde Olmert dixo que os seis líderes europeos “vienen a Israel para expresar su apoyo al amplio movimiento multi-lateral, que formuló con los EEUU a fin de llevar la tranquilidad al sur del país”. Desde o primeiro momento que os sionistas comezaron a súa agresión a Gaza, Israel contou sempre co apoio dos gobernos da Unión Europea cos que remataba fai pouco de asinar un acordo que melloraba as relacións bilaterais entre ambos, un exemplo moi concreto destes acordos son, como xa está abondo dito, a venta de armas de España a
Israel.
É unha vergoña o que aconteceu nesa cea, moito máis vergoña como español que o “socialista” Zapatero estivera brindando polas matanzas. Vaia sonrisos que poñen, non teñen perdón nin puñetera vergoña.
Lle puxen un título de cabeceira a este sinxelo comentario, nembargantes quédame moitos máis, como: “Ceando enriba de 1300 mortos”, Un criminal de nenos ceando cos secuaces e cómplices”, “Unha cea regada con sangue”.
Vos os lectores podedes poñer a cento por hora a imaxinación e poñerlle un título para a historia. Fotos e novas foron recollidas de “Quilombo”






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario