Cousas de Xoán de Cagalloso e Soutomaior
A partir de hoxe é en calquer intre, neste Blog aparecerá coa súa retranca Xoán de Cagalloso e Soutomaior. Como vedes os apelidos son de moi alta alcurnia, aínda que é de abolengo e de antergos manárquicos borbónicos, o “pícolo bambino” é republicano.
------------------------------------------------------
Cousas de Xoán de Cagalloso e Soutomaior
Novas: 10 de outubro de 2008
……a crise do capitalismo conleva a riscos moito máis graves que os que vimos no desenvolvemento deste sistema. Así o asegurou este venres, Samir Amín, economista de Egipto durante a súa intervención na Conferencia Internacional "Respostas do Sur á Crise Económica Mundial", que se desenvolve en Caracas.
Amín argumentou que o modo de vida de Estados Unidos non é negociable, xa que o seu goberno pretende conservar o despilfarro e a destrución do planeta para o seu propio Puxo como exemplo o feito de que o veciño do norte quere acceder aos recursos naturais do resto dos países do mundo e que desafortunadamente gran parte da opinión pública de Estados Unidos e de Europa non teñen conciencia diso……
A nova é escarallante, “o modo de vida dos de EEUU non é negociable”. Xa veredes co tempo como todo acábase, cando lle chegue aos currantes americanos a auga ao pescozo e pensen por eles mesmos.
De momento intentan rematar co mundo e quedar eles sós. O peor de todo é que intenten morrer matando, daquela imos todos para o carallo.

Pode ser que os americanos de base lles chegue a conciencia ante a crise finaceira dese país xa que a outra nova que aparece embaixo destas liñas é abrallante. O Tío Sam xa as está vendo vir e prapara o exército para dar leña ao mono ao pobo. Nembargantes, o máis patetico da nova foron as ameazas a algúns congresistas con a implantación da lei marcial. ¡Manda carallo na Havana!. Me cajo no demo, todo
comeza por "pelotas". O país que presume do máis democrático do mundo, coa lei marcial. As cousas están quentes. A que está caindo nese país non é de coña mariñeira. “Y lo que te rondaré morena en Europa”.
Podedes ollar un video de Naomí Wolf que fala do que se aveciña ao seu país. Para os que non sepan inglés a cousa é complicadiña, nembargantes fala do fin do imperio e da represión que pode acontecer.
( Ilustración de Kalvellido)
……..segundo a xornalista, o congresista Brad Sherman de California dixo ao Congreso que membros individuais do mesmo foron ameazados coa implantación de lei marcial nunha semana, se eles non aprobaban o proxecto do plan de rescate económico:
"A única forma que eles poden aprobar este proxecto é creando e sostendo un atmosfera de pánico. A moitos de nós dixéronnos en conversacións privadas que se nós o luns votabamos en contra do proxecto, o ceo caeríase, o mercado baixaría dous ou tres mil puntos o primeiro día e un par de miles no segundo día, e ata a uns poucos membros díxoselles que habería unha lei marcial en EEUU se votabamos non”.
Isto marca un cambio para NorthCom, o cal foi establecido o 1 de Outubro do 2002. O seu sitio web aínda di que ten unha poucas forzas asignadas permanentemente, e que o comando está asignando forzas cando sexa necesario para executar misións, ordenado polo Presidente e o Secretario de Defensa.?
A unidade que asignou é a Terceira Infantería, Equipo de Combate da Primeira Brigada, a cal pasou tres dos últimos cinco anos en Irak. Foi unha das primeiras unidades en chegar a Bagdad, e estivo activa en retomar e patrullar Fallujah. Unha das súas especialidades é a contrainsurgencia………
Xoán de Cagalloso e Soutomaior


Chúzao
del.icio.us



