Comando Cultural os Rabiscos-O Raposo no Galiñeiro-Teo Cardalda F.
Comando Cultural Os Rabiscos
O Raposo no Galiñeiro
Artigo de Teo Cardalda F.
Xa fai dúas décadas cando comezouse a falar da economía de mercado; por aqueles anos caía ao chan o Muro de Berlín. A partir desas datas comezaron a intoxicarnos coméndonos a cachola con aquilo de que as entidades financeiras tiñan que regularse por si mesmas e privatizar sectores estratéxicos da economía estatal.
Levamos unha morea de tempo que os banqueiros e os grandes empresarios veñen dándonos a vara de que o público e
o diaño en persoa e tiñan que privatizar ata a “sarna”.
Todos estes santiños varóns ante esta crise que se aveciña (aínda non chegou na súa totalidade) xa falan de meter man nos cartiños públicos para sacarlles o cu do lume e trincar a caixa dos nosos impostos e seguir facendo falcatruadas . Agora os estados están a salvarlles a cara aos bancos, fai dous día Islandia nacionaliza a banca, Inglaterra a dous bancos de importancia e así chegaremos a tódolos estados de Europa.
Falaban estes santiños varóns de que as nacionalizacións eran cousas moi antigas (comunismo,socialismo etc) para a economía e que a iniciativa privada fomentaba a riqueza dos pobos. Vaiche boa con estes desalmados, agora no 2008 temos que manter a centos de
millóns de seres humanos en diferentes continentes en situación de “fame negra”.
Nalgúns medios (afíns aos camaradas executivos) escriben con unha elegancia impresionante, lle chaman un “ peq
ueño timo”.Isto non é un timo isto é a gran estafa dos séculos XX e XXI. Non abondou de roubar como estiveron roubando que agora queren seguir roubando a mans cheas as costas da maioría do pobo. Cando veñen mal dadas sempre falan de nacionalizar as perdas e privatizar as ganancias. Desta maneira lle dan gusto ao bandullo.¡Que carallo!. A gañar os de sempre.
O estado nestes intres ten que intervir, pero non sometido á voluntade destes novos estafadores e poderosos capitalistas vestidos de “armani” e de pescozo branco.O estado soamente está sometido ao réxime democrático e o goberno de quenda aos seus votantes, non a eses irresponsables estafadores.
O estado ten que defender ante esta funesta desfeita do neoliberalismo salvaxe, un sector público forte en industria, enerxía, transporte, ensino e sanidade, todo o demais e seguir curando o cancro con aspirinas.O estado tamén ten que intervir, pero depurando responsabilidades destes “executivos” con nomes e apelidos e metelos na cadea.
Sabemos que o seu máximo expoñente da crise foi en EEUU con eses fanáticos do “vedú” económico neoliberal, xerando a maior crise financeira desde a Gran Depresión entre eles o Sr. Bush que predicou durante unha chea de anos a gloria do capitalismo salvaxe ao estilo Oeste. O custo en mortos e cartos dunha guerra ilegal en Irak (desta barbarie tamén temos ao irreponsable e xenocida Aznar) sen ningunha regulación e supervisión controlada. Moitos deses fanáticos entre eles o primeiro mandatario son de xulgado de garda ou dun Tribunal Internacional.
Como dicía ao principio, tanto privatizar e seguen privatizando (tanto por gobernos de dereita como socialdemócratas) que o estado quedou orfo. Falando en clave galega e con retranca: deixamos fai dúas décadas o raposo de gardián no galiñeiro, comeu a galiñas e agora non temos ovos nin galiñas e o raposo escarallándose de rir de nós.
¿Quen controlou ao raposo?. Alguén o sabe.


Chúzao
del.icio.us




Non me meta a min no lio, eh! Que bastante teño con aturar os cazadores
agora que xa principiaron as batidas de caza.
O Raposo | 10-10-2008 - 11:14:25 GMT 1 #
¡Carallo Raposo!. Agoro que caio, ¿Tamén Vd. é dos que nos meteron nesta desfeita?. Non se preocupe que o bandullo xa o ten ben cheo de tantas galiñas que xantou. A culpa non é do raposo, a culpa é de quen o deixou de gardián no galiñeiro. Cando atope algún cazador sempre ten Vd. unha atenuente. Dígalle quenes son os que o deixaron no galiñeiro e que vaian a por eles. Son ben coñecidos, condo os collan que os deixen secar ao sol despois dunha boa malleira. Secos como aos pulpos.
sarampelo | 10-10-2008 - 15:20:49 GMT 1 #