Comando Cultural os Rabiscos-Abramos unha paréntese¡-O curmán do fervello
Comando Cultural Os Rabiscos
Artigo do Curmán do fervello
Abramos unha paréntese!
Cando isto da crise comezou a poñer-se duro e a banca estadounidense crebou, o xefe dos empresarios españois, camarada Gerardo Díaz Ferrán, fixo unhas declaracións demandando do governo de Zapatero que abrira unha paténtese no proceso económico liberal e apoquinara uns centos de millóns de euros públicos para manter a flote as empresas que eles, empresarios capitalistas, non saben xestionar. 
Curiosos empresarios nosos.Levan anos dando a barrila con que o público é malo e gasta moito, con que hai que privatizar todos os servizos públicos e todo o mercado laboral (agás os postos de dirección) para pagar salarios máis baixos e esixir xornadas laborais más amplas, para diminuir, en xeral, os dereitos da clase traballadora.
Os máis teimudos defensores das baixadas de impostos mudaron estes días de aguda crise en partidarios devotos de aplicar unha nova taxa de carácter universal, un novo imposto que se asemella bastante ao Pecado Orixinal católico, universal, persoal e intransferible, para sacar cartos públicos coa intención de mellor pasar a crise económica provocada no centro mesmo do paraíso capitalista (Wall Street) polos próprios xestores do Capital.
Mais o comandante en xefe da CEOE, camarada Díaz Ferrán, non escarmenta, qué vai escarmentar, e declaraou ser un admirador do verxel USA, especialmente da súa política de emprego e relacións laborais porque, dí él, en USA hai a metade do paro que na vella e raptada Europa.Claro, qué cuco o super xefe dos empresarios españois, o que hai que imitar de USA é a política que elimina dereitos de todo tipo aos traballadores, que prima a inexistencia de servizos como a Seguridade Social, que permite ao patrón contratar á baixa sempre e despedir a capricho, ademáis de facer desaparecer o sindicalismo independente e de clase.
Dixo tamén este señor que é urxente que o Governo de Zapatero e os seus mariachis ofreza “liquidez a las empresas” xa que a crise do ladrillo, por exemplo, non foi provocada polos empresarios senón que a culpa é, en boa parte, da Banca que, entre alegre e tontaina, oferecía cartos a caneiro cheo.E qué medidas propón o santo varón da patronal? Pois transformar o ICO, Instituto de Crédito Oficial, na banca empresarial co obxecto de repatir “cash” fresquiña entre empresarios en dificultades… sen que os patróns apoquinen un peso nen baixo a fórmula de ampliación de capital.En realidade, o que propón o Super-Empresario Díaz Ferrán é meter man nos cartos públicos, que se amorearon baixo a expeditiva fórmula de roubo orgaizado que chamamos píamente impostos, e trincar, coa forza que dan unhas boas pilas Duracell, até baleirar a caixa antes de enviar aos picoletos a zoupar sobre despedidos e familiares. 
“Abramos un paréntesis en la economía de libre mercado” significa máis ou menos abalanzar-se sobre os cartos públicos, que institucións de crédito público se convirtan en “avalistas” dos negocios mal montados, mal xestionados polos patróns tras gañar durante estos anos pasados unha manchea de cartos.
Desde que comezou este século XXI, máis cambalache ca o XX, asisto atónito ao proceder do moderno capitalismo financieiro e industrial. Non abonda con roubar como rouban, non abonda con manter a centos de millóns de persoas repartidas en diferentes continentes en situación de penuria e de fame negra, nen tampouco con recortar ás bravas os dereitos sociais, políticos e económicos das persoas que temos a suertaza de vivir no chamado primeiro mundo.Eles queren máis. Non teñen fondo. E nós, a tragar coa socialdemocracia gomosa e cos sindicatos oficiais que, por certo, van repartir-se un milloncete de euros cada ano tralo acordo do Consello da Xunta de hai uns días.
Vivimos no mellor dos mundos posibeis. A qué sí?


Chúzao
del.icio.us




Eu ía responder á pregunta en plan positivo por aquilo de que o pesimismo non se me desmande, pero mirei para a última foto e deume tal arrepío que só son quen de berrar coma na pelis gore.. ¡non! ¡non! ¡nooon!...
Curmán do fervello, é vostede cruel.
Doutora Seymour | 26-09-2008 - 00:23:49 GMT 1 #
Hoxe o camarada Gerardo Díaz Ferrán xa comentou que hai que abaratar o despido. Se seguen coa socialización das perdas, agora nos queren socializar nos despidos, que ben, isto marcha de p.m.
Ao que máis medo lle teño nestes intres son as palabras que dixo onte Zapatero: ...."estoy de acuerdo con las medidas tomadas en EEUU. Isto é de pánico. Penso que xa temos que ir mentalizándonos que dos nosos impostos imos socializar as perdas dos Bancos e Empresas. ¡Joder!. Eu tamén quero cartiños para montar unha empresa de vasoiras para barrer dunha puta vez estes políticos que nos están tomando o pelo. Si, estes que se din de esquerdas. Si, os do PSE, por suposto sen a "O".
Carallocampante | 26-09-2008 - 13:24:02 GMT 1 #
Aqui na nosa " Mi Querida España" (que ven a cantaba a malograda Cecilia) non fai falla que os neocons fagan desaparecer os sindicatos de clase e independentes.
Se lle damos ao chip para atrás, temos que recoñecer que xa desapareceron fai tempo cando eran de clase e independentes, xa se encargou o primeiro neocon desta farsa democratica, e non foi nin Fraga nin Suárez, ou Reegan. ¿Sabedes quen foi?. Un sociata chamado Felipe del Gran Jesús y del Prisoe, aló polos anos oitenta. Si, aquel das fosas de cal.Si, aquel que privatizou ata o ar que respiramos.Daquelas augas fedentas, hoxe temos riadas a montes. "Y lo que te rondaré morena".¡Ha!. Sabedes quen son os Socialdemócratas, os que votan unha palada de cal e tres de area.Os que lle din as súas masas nos mitines que xa está ben de que a Banca teña o control de todo e berran no mitin contra eles que ata se desgañitan, enchen o papo como os galos e fan levantar ás masas. Logo atópanse con sr. Botín e lles di: "no te preucupes compañero y camarada Botin, eso de los mitines son cara a la galería hay que tenerlos contentos y a los sindicatos los anulamos con pasta, te vamos sacar 20 para contentar a las masas, pero bajo cuerda te daremos 40, y todos contentos".Hai Felipe, Felipe, Felipe II que tranquilo dormes.
sarampelo | 27-09-2008 - 21:16:11 GMT 1 #