Comando Cultural Os Rabiscos,Palabras para Díaz Baliño e Sixto Garín , Xesús Redondo Abuín
Comando Cultural Os Rabiscos
Artigo de Xesús Redondo Abuín
Palabras pronunciadas por Xesús Redondo Abuín o 14 de agosto de 2008 no lugar do asasinato
PALABRAS PARA DÍAZ VALIÑO, SIXTO AGUIRRE E TÓDOLOS DEMÁIS
Camilo Díaz Valiño e Sixto Aguirre Garín eran dous homes de ideas. Tiñan perigo. Había que matalos. E matáronos. Como a quén sabe cántos.
Ter ideas foi a súa única tacha. E pagárono caro.
Eles esgrimiran a forza da palabra. A parte contraria esgrimiu a forza das armas. Matáronos por pensar. Non lle perdoaron que pensasen.
Recordalos a todos eles hoxe non é mais que empezar a saldar unha débeda que temos con nós mesmos desde que a parte contraria consumou a canallada. A gran canallada. Eles os dous e todos os demais xa nada precisan. Pero nós si.
Necesitamos rescatar a todos eles da desmemoria na que están. Canto antes. Canto antes, porque os capataces armados da patronal capaces son de volver ás andadas con tal de darlle polo pau ós seus amos.
Non están todos os perigos conxurados. Hai que por ós catro ventos un parapeto de palabras.
Hai que sitiar os perigos homicidas da parte contraria a base de que ninguén cale. ¡Viva a igualdade á hora da mesa! ¡Que no papel non quita a fame!
Xesús Redondo Abuín
---------------------------------------------------------- 
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nacido en Ferrol o 14 de Xullo de 1889. Fillo de Germán Díaz Teijeiro ( nacido en 1858), comerciante, natural e veciño de Ortigueira, casado con Camila Baliño López, residentes en Ferrol.Camilo é "cuneteado" a noite do 13 ao 14 de Agosto de 1936 en Coence ( A Coruña).
(Foto : Cartel a favor do Estatuto do 36 de Camilo Díaz Baliño )
Sixto Aguirre Garín, Este home ilustre nacido en Rianxo foi paseado nos primeiros días da guerra civil, con Díaz Baliño,






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario