Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

p1000566-copia1.jpg

15/07/2008 GMT 1

Unha voltiña polo peirao de Vilaxoán de Arousa

sarampelo @ 14:46

 

Unha voltiña polo peirao de Vilaxoán de Arousa.

 

Hai uns poucos días deume o punto e din unha volta polo peirao de Vilaxoán. O que fora antano un forte porto pesqueiro e mariñeiro, hoxe atópase nunha decadencia case agonizante non sendo algún que outro mariñeiro que segue coas artes na pesca artesanais como o mariñeiro que atopei no porto, Antonio Durán (Chatarra), mariñeiro que aínda segue coas mesmas mañas profesionais que os seus pais e avós.

Como digo, poucos mariñeiros quedan, nembargante, a impresión que tiven foi moi p1040746.JPGpositiva dentro desa carencia da que veño escribindo. "Chatarra" contoume que días pasados pescou un polbo  preto de 12 quilos (ver foto), e o sábado pasado 32 persoas o xantaron e aínda sobrou parte del.

O que máis me sorpendeu foi o ollar a uns ghaneses que lle viñeron a coser as redes ao compañeiro (Chatarra) (ver fotos e vídeo) como o facían as nosas redeiras. Unha arte que hai un feixe de anos desapareceu deste pobo. Aínda  que quedan algunhas redeiras con moita arte pero con moitos anos ao lombo. O sorprendente foi cando os ghaneses estaban cosendo, veume á "cachola" algo moi humano. Pensei, este "Chatarra" con este contrato a estes emigrantes nin se da conta que os está integrando cunha arte que os nosas avoas xa o viñan facendo desde tempos moi antigos. A facilidade que tiñan cosendo as redes era igual que a que viñan facendo hai tempo no pobo . Lles preguntei como aprenderon, me dixeron que iso o facían en Ghana os seus pais e avós e deles aprenderon. p1040753.JPG

A "Chatarra" lle quero dicir soamente graziñas por conservar as nosas costumes mariñeiras galegas,  a cultura no eido artesanal da pesca que nos deixaron os nosos antergos. Grazas. 

T.C.F.

 

Comentarios

Comentarios(3) »

  1. O meu record está en 800 gr, un polbo de 800 gr do que eu estaba tan orgullosa, agora fico acomplexada e hipnotizada diante desa foto... borre a foto... e déalle os meus parabéns ao Chatarra... pero borre a foto polo ben da miña autoestima.

    Doutora Seymour | 18-07-2008 - 18:55:51 GMT 1 #

  2. Miña querida Doutora, coido que Vd. non ten porque perder a súa autoestima, cada un pesca o que pode e cada que ten o seu récord. Lle digo algo, as cousas pequenas tamén teñen o seu encanto e por veces son as máis sabrosas, neste caso góstame moito más un polbo pequeno que un grande o atopo moito máis a gusto no meu paladar.
    Así que co seu permiso vou deixar a foto, xa que en base ao que lle veño dicindo Vd. tamén ten o seu mérito cos 800 gramos, e siga orgullosa co seu.
    Apertas.

    sarampelo | 19-07-2008 - 13:01:36 GMT 1 #

  3. Hai ben tempo que non vou, supoño que todo seguirá igual.

    Sígote lendo, veciño. Un bico dende o sur da provincia.

    Mer | 22-07-2008 - 13:51:02 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis