Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

10/07/2008 GMT 1

"Goodbye fron the world`s biggest polluter"-Adeus do maior contaminador do mundo

sarampelo @ 19:13

"Bush to G8: 'Goodbye from the world's biggest polluter' Ler máis...THE INDEPENDENT

"Adeus do maior contaminador do planeta", "cachondease" Bush na despedida do G8

Despois de bloquear acordos máis ambiciosos e de conceder a posibilidade de estudar a redución á metade das emisións de carbono non antes do ano 2050, Bush despedíase cun "adeus" doo "maior contaminador do mundo". 1215502719162.jpg

 O presidente George Bush asinou cunha desafiante  despedida sobre a súa negativa a aceptar o cambio climático mundial na última cumbre do G8.

 

Sarampelo: ¿Pero este criminal de guerra que carallo dixo?. Este home da Blanca Casa está como unha tarteira furada e así quere deixar o mundo, todo furado. Dixo: "Adeus do maior contaminador do mundo".¡ Manda carallo na Habana!. El e máis eses mandamais do G8, lame cus do suxeto en cuestión,  estánse a burlar de nós como se foramos descerebrados. ¿E estes son os dirixentes do mundo?. Pobriños de nós o que nos agarda no futuro con estes badulaques. ¿Onde están aqueles grandes estadistas mundiais que surxiron despois da segunda querra mundial? Con todos os seus defectos os voto en falla.
banquete.jpgE logo os ves con un cinismo fora do normal plantado catro árbores coas pás,(ver foto) teñen "bemoles estes tíos. Tanto falar de fame provocou un baleiro intestinal no estómago destes novos zares do século XXI, o que lles levou á inxesta de catro pratos multitudinarios (e non precisamente baratos) para celebrar o fin de festa (ver foto). Mentres tanto, miles de persoas morren diariamente como consecuencia de levar unha dieta insuficiente.

 

Comentarios

Comentarios(3) »

  1. E fixáchete con que estilo plantaban as árbores: Nótase que o levan
    facendo toda a vida! Manda mecha!

    O Raposo | 11-07-2008 - 00:45:33 GMT 1 #

  2. Pois "Raposo" coido que tes moita razón, non me fixei moi ben do seu estilo. Son profesionais dos enterramentos.

    sarampelo | 11-07-2008 - 08:58:23 GMT 1 #

  3. Planto un árbol, me cargo cien... Parece la letra de una canción country.

    Gustavo | 11-07-2008 - 09:38:44 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>