.Vilaxoán de Arousa. Un pobo que aínda conserva parte da súa historia.
Vilaxoán de Arousa.Un pobo que aínda conserva parte da súa historia.
-----------------------------------
Sarampelo:Imos hoxe cun vídeo "caseiro" recorrendo un pouco as zonas vellas e históricas de Vilaxoán de Arousa (Pontevedra).
Ollaremos o Pazo de Sobrán do século XV, Pazo do Rial do mesmo século, Pazo de Pardiñas do século XVI, Igrexa de San Martiño de Sobrán do século XII onde está soterrado o fundador da vila Juan Mariño de Soutomaior que finara no ano 1496. Ollaremos algúns edificios e rúas antigas, así como as zonas novas da vila.
Foi concello de seu desde 1836 ata 1913. Na actualidade pertence ao Concello de Vilagarcía de Arousa.
Agardaremos co tempo que, o cemento e mailo ladrillo no rematen co pouco que temos conservado. Barbaridades urbanísticas xa se fixeron dabondo.







Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario