Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

12/06/2008 GMT 1

Século XIX Cambalache, 65 horas de escravitude

sarampelo @ 00:32

 Século XIX, no século XXI Cambalache

Viñeta, co permiso de Kalvellido

 

 errazkin65horejaskalve.jpg

 

65horas-220x150.png

 

A proposta da comisión europea de aumentar a xornada semanal a 65 horas representa unha lamentable involución e un atentado contra os dereitos dos traballadores.Ler máis........ 

Fervello: ¿Pero estes tolearon, ou sirven aos intereses das grandes corporacións europeas?. ¿Pero temos tantos fachas nese parladoiro do carallo?. Volvemos ao século XIX, só falla que promovan outra proposta para que traballen os nenos de dez anos. Imos para atrás como o cangrexo.

Non escoito nada aos sindicatos europeos nin españois sobre isto. O que tiñan que facer era promover aos fiscais de garda de Bruselas para procesar e metelos na cadea por violación dos dereitos humanos a cada un dos parlamentarios desa sede fedenta onde se debate a escravitude. Que llo digan aos franceses, son capaces de queimar o Parlamento Europeo polo catro costados. Nin temos esquerda nin sindicatos.

Manda carallo na Habana cos do PP, dicen que están dacordo coa escravitude, que máis quixeran eles, teñen uns cataplines.

Todo isto que está acontecendo responde ás consecuencias dos experimentos capitalistas que fixeron con gaseosa desde mediados dos anos oitenta. Globalización, privatización (que algo queda), Constitución Europea ao servicio do Imperio e das multinacionais (agardemos este día 12 na votación de Irlanda, penso que lles vai dar polo carallo a estes mangantes de Bruselas), guerras preventivas e ilegais (los tres de las Azores), roubos de petróleo xustificando o inxustificable con  invasións de paises, pagar eses costes desas guerras a conta do erario público enchendo as arcas dos Lobbys do armamento. As consecuencias dese experimento a temos agora coa galopante recesión económica que nos ven enriba.

Mala chispa os coma a todos eles.

 

 

Comentarios

Un Comentario »

  1. No, si lo que hicieron mal fue quitarnos los grilletes y los azotes. Realmente, tanto muerto y tanto trabajo para esto: lo próximo, ¿qué va a ser? ¿Imponer de nuevo el trabajo infantil?... Quiero decir, en la UE, claro.

    Gustavo | 12-06-2008 - 09:23:06 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>