Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

10/06/2008 GMT 1

Ao amigo Pancho

sarampelo @ 01:38

 

Ao amigo Pancho 

 Teo Cardalda: Estaba escoitando esta noite aquela canción dos  Beatles "With a little help from my friends", e atopo na Voz de Galicia unha entrevista a "my friend" Xabier del Valle-Inclán. A mesma canción veume ao pelo para desbullar verbas a mangallo.

 Manda carallo na Habana. E eu sen enterarme en todo o día ata agora pola noitiña baixa.s04j8251.jpg

Esta entrevista merece todo un Post deste humilde blogue de O Mañanceiro. Nembargantes, non vou a espallarme moito, soamente darlle a miña noraboa por ese libro"La Muerte de Valle-Inclán", libro que lin e  pareceume moi interesante. Amigo Pancho, sobre a entrevista  che digo que ten moita retranca, coido que ti non che fai falla o apelido para ligar, sabes moi ben do retranqueiro galego que di: "Non todo o que se di se fai, nin todo o que se fai se di", aínda que de cando en vez os dous temos ligado de carallo con aquelas ao carón da ribeira do douro, que boas

( Foto:Xoán A. Soler ) 

estaban e sabrosas. O da foto, expetacular, o fotógrafo dame a impresión que non che quere moi ben, deulle máis branco ás canas, e iso amigo Pancho é inperdoable, lle tes que chamar ao orde. Nembargantes como todo entra dentro do politicamente correcto, podes facer un pequeno esforzo e lle podes perdoar. ¡Ha!. Esquecíame. ¿O de Pérez Varela entra dentro do esperpento, ou estou trabucado?.

Imos en serio amigo Pancho, con moito agarimo che felicito sinceramente.

Titular de La Voz de Galicia

JAVIER DEL VALLE-INCLÁN ALSINA
 
Bibliotecario, escritor e neto do pai do esperpento
 «Non se liga máis polo apelido»
Coautor dun libro sobre os últimos días do seu avó, cre que don Ramón o pasaría moi ben retratando á Galicia actual e a algúns dos seus protagonistas. Por Nacho Mirás Fole |

 

 

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis