A subida das tarifas eléctricas
Xentileza de Insurgente e Kalvellido
A subida das tarifas eléctricas
Fervello: Xa estamos outra vez coas "putas" mentiras dos socialdemócratas.
Xa éramos poucos e pariu a avoa. O Goberno "socialista" elixiu poñerse ao carón das grandes compañías eléctricas e deixar que as economías da maioría dos consumidores paguen a escandalosa subida da luz, onde ese mesmo goberno nos trata de acultar as verdades a medias e as tramposas medidas sociais.
Nestes momentos rematan de xuntar a fame coas gañas de comer, eles falan e tratan de vender esa denominada "tarifa social" para aqueles que teñan nos contadores un contrato de ata 3 kilovatios. Isto non é verdade, son medias verdades que se convirten nas peores mentiras. A inmensa maioría dos fogares españois está entre 3,4 e 4,6 kilovatios, neste caso quedarán fora destas supostas "rebaixas de xaneiro" case ninguén.
Isto é como aquilo dos aparcadoiros, dicían que ca nova lei íamos a pagar menos e resulta que pagamos moito máis.Saben rizar o rizo de moito carallo.
Hai tres cousas dun país que xamais tiñan que privatizarse: Enerxía, Sanidade e o Ensino. Todo o demais que nos digan, verbas moi fermosas, son caralladas. A miña avoa (que en paz descanse) dicía en moitas ocasións cando tiña a mosca detrás da orella: ......."cando as cousas terían que ser e non son, é que hai gato pechado......". De seguro que xamais leu nin oiu falar de Parménides en toda a súa vida. Nin falla que lle fixo.
-----------------------------------------------------
E agora as petroleras
Propómoslles que se somen a esta campaña, ler máis e ollar as medidas a tomar


Chúzao
del.icio.us




