Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Comando Cultural Os Rabiscos-Teo Cardalda F.-Son uns pedichóns

sarampelo @ 21:56

Comando Cultural "Os Rabiscos" 

 

 

 

 84.jpg

Teo Cardalda F.

Son uns pedichóns 

 

 

O mundo empresarial ( hoxe en especial pola crises dos grandes construtores) e a banca sempre falaron e falan do liberalismo e do libre mercado. Sempre atacaron con saña a inxerencia estatal,  pero cando as cousas non viran ben, corren como coellos a xunto papá estado para que lles quiten as castañas do lume.deuda.jpg

Isto ben a conto pola nova que lin fai uns días sobre os nosos banqueiros españois que din que son moi “liberais” e sempre lles gustou iso da Unión Europea e a Unión Monetaria. Pasoulles pola testa unha solución dun enxeño que da noxo soamente o escribilo: acudir ao fondo de reserva da Seguridade Social , o chamado peto das pensións para que os saque da crises. A hipocrisía e o cinismo e tan grande que calquera  se pon  a pensar remexendo os miolos, e de tanto remexer, sacas a conclusión de que   están de “coña mariñeira”.

Temos que lembrar xa fai uns anos cando nos dicían que o fondo de pensións estaba en déficit e nos aconsellaban facer fondos de pensións privados, daquela os bancos puxéronse as botas ata os xeonllos.

Agora pretenden convencer ao persoal que facendo esa operación á conta do estado todo o mundo vai saír gañando. ¡ Anda xa!. Que pensan, que aínda estamos a chupar o dedo;  temos un refrán moi ao galego que di: “no ano caro, a peneira espesa e o cribo claro”. untitled10.bmp

Sempre estiveron a reivindicar  aquilo que xa estou canso de escoitalo: privatización dos beneficios e socialización das perdas; cada quen destes banqueiros  fala da feira segundo lle vai nela.

Hai que ter unha cara como un zapato vello. Facer ben a estes  “liberais” pedichóns é como botar auga no mar.

 

 

 

Artigo publicado en Galicia Dixital.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>