Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

17/05/2008 GMT 1

O Papa reúne a 3000 virxes en Roma

sarampelo @ 14:15

 

O Papa reúne a 3.000 virxes en Roma e dálles as grazas polo seu "agasallo" a Cristo  

 

O Papa Benedito XVI deu as grazas ás mulleres virxes consagradas que se reuniron no Vaticano o xoves polo seu "agasallo total" a Cristo, e eloxiou un rito sacro que recoñeceu que era difícil de entender para algúns non católicos. 

-----------------------------------786354.gif   

Sarampelo:   Isto é de “coña mariñeira”. Vivo na realidade ou estou soñando.Coido que hai que ter unha visión moi estreita, deformada, amargada e reprimida da vida, para rematar como se fora unha festa ao carón deste home.

Mágoa destas “virxenes” por non se realizar xamais como ser humano, nin ter coñecido a sexualidade, nin sequera o haber proxectado o seu amor a ninguén.

 

 

O que me parece moi “estúpido”  ler isto nos xornais que podemos considerar laicos. Non deberían dedicar nin unha soa liña ás crenzas de calquera “secta” por moi estendida que estea. ¿Como se pode dicir a estas alturas do século XXI, que as virxes son un “agasallo total a Cristo?. Coido que é un insulto á intelixencia.

 

Nembargante, as crenzas son iso, crenzas, non noticias e ser virxe nin é un mérito nin unha deshonra: é unha opción persoal.

Tiñamos que preguntarlle a “Mefisto XVI” onde está a virxindade de máis de 3000 criaturas soamente en EEUU, onde foron mancilladas, humilladas e violadas por curas pederastas.

 

Teño unha pregunta que non teño capacidade para resolvela: ¿Como se sabe que esas 3000 eran virxes?. Coido que pasarían por un recoñecemento vaticano, non o sei, algo así sería. Digo eu.

 

Outra pregunta que desde que teño uso de razón aínda xamais din coa clave: ¿Por qué os fundamentalistas católicos teñen esa obsesión enfermiza co sexo ou a ausencia deste?.

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>