Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

14/05/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos,o curmán do Fervello-Xosé Couso, a súa memoria e máis nós.

sarampelo @ 13:05

Comando Cultural "Os Rabiscos "

 

 

Xosé Couso, a súa memoria e máis nós.  

Artigo de: o curmán do Fervello

 

Hoxe, 14 de maio, erguemo-nos coa nova de que a Audiencia Nacional de Madrid revocou o procesamento dos militares ianquis que mataron ao cámara de Tele5 en Bagdad. Os familiares e amigos de Couso non podemos crer que aconteza unha 2006120562couso_t.jpgsituación semellante, con tantos atrancos, con tanto ir e vir.

 

 

A última decisión judicial, polo de agora, deixa sen efecto o procesamento contra un capitán, un tenente e un sarxento acusados de seren os responsabeis da morte de Xosé Couso, pois os magistrados entenden que non había intención de matar a persoal civil e que Xosé Couso e xornalista da Axencia Reuters, Taras Protsyuk, tamén falecido a causa do pepinazo enviado por un tanque da Terceira División de Infantería Acorazada do exército dos Estados Unidos, son produto dun tráxico erro, común, por outra banda, en todo tipo de guerra. cartel_couso.jpg

 

Xosé Couso atopaba-se alí informando da invasión de Irake polas forzas aliadas que tiñan como obxectivo derrocar a Sadam Husein. Trala a súa morte e a medida que se recebían informacións máis precisas sobre aquel tráxico suceso, os familiares de Xosé Couso entenderon que estaban diante dun asasinato premeditado realizado polo exército estadounidense para lle meter medo á prensa e lograr que desapareceran a fume de carozo do teatro de operacións.

 

 

Así foi tamén entendido polo Maxistrado da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, no Auto de Procesamento dos tres militares estadounidenses executores da orde de disparo contra o acubillo da prensa internacional, o Hotel Palestina. 

 

Cinco anos leva pelexando a familia de Xosé Couso en todos os foros posibeis para que o goberno dos Estados Unidos poña luz sobre os feitos acontecidos o 8 de abril de 2003, colabore cos Xustiza española nos termos fixados no convenio vixente de cooperación xudicial asinado entre os Estados español e norteamericano e cumpra coa legalidade internacional.É posible que algunha das persoas que ten a amabilidade de ler estas liñas esboze un soriso ante tamañas pretensións, máxime se se tenta imputar nun crime ao exército do imperio, á policía planetaria que manda en vidas e destinos con desatino manifesto e cruel. Mais aí está a familia de Xosé Couso e con eles alunha persoa máis para lograr os obxectivos marcados: investigación e xustiza. 

 

As persoas que estamos decididas a colaborar coa familia Couso sabemos que unha axuda é sempre ben recibida. Por iso debo comentar a publicación dun libro titulado “Matar al mensajero. José Couso y los caídos en Iraq”, editado en Cádiz por la Editorial Absalon. A súa autora, Ana María Plana Caloto, quere contribuir a que as xentes saiban as razóns da morte de Couso; entre as case 350 páxinas podemos atopar tamén interesantes reflexións sobre o papel da prensa no conflitos armados, a manipulación militar e gobernamental da información subministrada e a actual situación laboral dos xornalistas, pésima, todo hai que decilo.  

 

Tamén desfila, como non, algún que outro responsable político español que naquelas datas obtivo un xeral recoñecemento popular como mentiroso ou mentirosa, con acusadas maneiras e requebros característicos da docilidade canina. Tamén algunha estrela rutilante en tempos, como Alfredo Urdaci, que debeu suspender na Universidade de Navarra, unha tras outra convocatoria, a asignatura de Caridade couso04.jpgCristiá. 

 

En Galiza, a terra de Xosé Couso, son contadas as institucións políticas ou académicas, sindicais ou puramente do ámbito xornalístico, que se teñen arrimado á campaña solidaria a prol da investigación do asasinato do cámara de Tele5; talvez porque Couso non era de ningunha corda e non pertecía a ningunha redación porque era un “freelance”. Hai algún alcalde progresista galego que ten sobre a súa mesa a solicitude para poñer o nome de Xosé Couso a unha rúa. Como se escoitaras chover, caro Alcalde de Pontevedra e caro Alcalde de Santiago de Compostela. O silencio mesto da Xunta de Goberno da Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela sobre o caso de Xosé Couso indicaría que estamos no mellor dos mundos posibeis mentres facemos patria noutros frentes de batalla máis perigosos aínda, como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega,  A Habana, os cursos de verán e outras palestras, sen baixo disparos de forzas amigas.

 

 

Por iso é de gabar a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que, en colaboura con outras institucións, mantén a Premio Xosé Couso que na súa IV edición receberá José Vidal Beneyto. O acto de entrega celebrara-se o 16 de maio e ese mesmo día inagurara-se en Ferrol a Praza da Paz adicada á memoria de Couso. 

 

O curmán do Fervello. 

Ler nova de hoxe

"Los periodistas que estaban junto a Couso acusan a la Audiencia de utilizarles para exculpar a EEUU"

"Afirman que el tribunal ha usado de forma parcial sus palabras para no culpar a los militares"

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis