A viñeta de Kalvellido
A Viñeta de Kalvellido

Viñeta Por Kalvellido
A peste neoliberal do século XXI
Comenta O Fervello: A viñeta está en acorde con todas as recesións económicas que estivemos a padecer no século XX. O gran capital actúa cun liberalismo desenfrenado metendo caña á maioría do persoal, intentando por tódolos medios "privatizar que algo queda" e cando provocan un "crak", din que teñen que socializar pérdas. Hai que foderse, cando egoistamente ata límites insospeitados pruducen unhas gañancias esorbitantes (como ata agora o están facendo), xamais falan de socializar eses ganancias, un reparto máis equitativo da riqueza dun país. Só entende de socialización cando o erario público (Xoan pobo) lle sobvenciona as perdas que eles mesmos provocan coa súa insaciabilidade.
A diferencia das recesións de antes ás de agora, está na esquilmación sen ningún control que estiveron a facer durante estes últimos 20 anos en tódolos eidos, máis fame no mundo, as enerxías esquilmadas sen alternativas, problemas ecolóxicos dunha gravedade impresionante, cambio climático e o máis grave o "lavado de coco" que meteron e están metendo ao persoal cos grandes medios de comunicación ao servicio destes mangantes. Acadaron suprimindo a mente para pensar con criterio propio e hoxe non se move nin unha folla contra estes "cafres". ¡ Serán cabróns estes elementos da raza humana! .






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario