Comando Cultural Os Rabiscos, Rogelio Díz. Violencia e Medios
Comando Cultural Os Rabiscos
Comentario de Roxelio Díz
VIOLENCIA E MEDIOS
Moito se fala nesta terra nosa de liberdade, democracia e pluralidade. Principalmente entre os medios profesionais de difusión ( enténdase radio, televisión e prensa escrita) onde en aparencia e apelando á liberdade de expresión cada un deles expón aos seus lectores unha ampla gama de informacións e artigos de opinión para formar o criterio de quen nos atopamos máis alá da mesa. Pero a pesar que en aparencia todo esta dentro do contexto que entre todos establecemos, a realidade cotiá demóstranos que non sempre é así. Xa que ao banalizar e descontextualizar a información van creando e construíndo asociacións como: emigrante = delincuente; nacionalismo = independentista radical violento, creando estigmas que dalgún xeito intentan lexitimizar a agresión na súa contra e fórmase o caldo de cultivo perfecto de violencia política, social e deportiva. Non é difícil atopar na nosa historia recente, de innumerables casos de enfrontamentos, xa sexa entre grupos con diferentes ideas políticas ou deportivas que terminan con feridos, detidos e ata algún que outro morto, onde o inicio foi unha información en forma de bóla de neve o suficientemente amplificada por algúns medios con resultados que quizais ninguén podería prever. Ou o que seria máis grave, cando esta información fose dada coa intencionalidade de realmente provocar o enfrontamento. Non fai falta mais que darse unha volta polos diferentes foros dos diarios electrónicos en Internet, onde na maioría permítese aos lectores verter os seus comentarios sobre as diferentes noticias dadas ou artigos de opinión e que nunha boa parte e acubillados no anonimato queda reflectido ese sentir onde o insulto e a descualificación cada vez máis soez e descarnada gana terreo sobre o comentario reflexivo por moitos lectores expresado. A critica e a diversidade de opinión é sana nunha sociedade moderna e democrática, pero cando esta se baleira de contido e a palabra convértese en violencia en forma de insulto, nada bo fai presaxiar, e nisto temos bos mestres nalgúns políticos, xornalistas e pseudos-intelectuais que pululan por estas lareiras, ¿como queremos entón non atoparnos con verdadeiros mamporreiros da palabra ao outro lado da liña ? Neste sentido quero expresar o meu xúbilo de escribir en Xornal.com, e botar unha lanza a favor dos seus lectores, un dos poucos medios a nivel mundial onde os seus lectores na súa gran maioría demostran cos seus comentarios un gran nivel, que moitas veces fainos sentir o compromiso que os que temos o privilexio de escribir aquí, debemos coidar e soster en cada un dos nosos artigos. Rogelio Diz-Analista político
Os medios xornalísticos industriais cunha crecente voz e capacidade de influencia no espazo público, constitúen moitas veces un factor máis de violencia. A través dos seus contidos noticiosos crean, promoven, reforzan e lexitiman a violencia xeneralizada cara a quen consideran poden ser un obstáculo dos seus propios intereses.
rdiz51@yahoo.com.mx

Chúzao
del.icio.us


