Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

18/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Teo Cardalda F., Cristina, unha moza valente e solidaria

sarampelo @ 13:16

81.jpgComando Cultural Os Rabiscos

Teo Cardalda F.

Cristina,unha moza valente e solidaria

 

 

 

O xoves pasado día 13 aconteceu no peirao de Vilaxoán  un grave accidente onde pereceron dúas mozas, Eva e María, ao caer o coche ao mar. Outra moza que se atopaba noutro coche, ao observar que se fundía, tirouse ao mar para poder salvalas. Esta rapaza de 19 anos Cristina Lobato intentou rescatar ás víctimas, pero por unha chea de circunstancias e moi mala sorte, non puído facer nada. Eu chegaba alí cando Cristina xa estaba en terra,  a vin toda mollada e tremente de frío, quizais non só de frío senón que tamén da impotencia de non poder rescatar ás devanditas mozas.cristina.jpg

 

 

Non é  moi normal que se trate de ti a unha persoa que non se coñece. Neste caso Cristina, permíteme  por unha vez escribir de ti a ti . Ante todo a miña máis sincera felicitación pola coraxe e valentía da túa acción. Coido Cristina, que os que nos consideramos adultos temos que facer moitas reflexións en canto a xuventude. Non soamente temos que estar a ler e escoitar nos medios todo o negativo , xa que iso é o que máis vende. Ti, Cristina, déchesnos unha lección de humildade, solidariedade e valentía que moitos de nós, os adultos, temos que aprender.

 

 

 (Foto, Iñaki Abella, Faro de Vigo)

Non teño ese gran pracer de coñecerte persoalmente Cristina, coido que  xa che coñezo nas miñas reflexións e na miña mente, representas a milleiros (a gran maioría) de mozos deste  país que xamais saen nos xornais ou TV polas cousas ben feitas, iso non vende.

 

 

Cristina, os adultos damos a cota máis alta en sintonización das TV, ollando as miserias humanas, os programas lixo, subcultura e logo pedimos responsabilidades aos mozos/as da falta de valores. Coido que temos parte da culpa de non saber comprendervos. Ti deches ese exemplo ante este sistema mediático que nos están a impoñer. Ti deches o exemplo a moitos detractores que pensan que están na posesión da verdade, poñendo a caer dun burro a toda a xuventude; cando saben positivamente que sempre son unha minoría. 

 

No é certo que os mozos de agora pasen de todo. Todo o contrario. Teñen os seus propios valores interiorizados e están comprometidos co que creen. Milleiros deles demostran cada día coas súas accións , a súa enerxía e a súas gañas de facer cousas, de actuar contra a inxustiza, o medio ambiente e en especial os valores do ser humano como é a vida.

Só che digo dúas palabras con moito agarimo: “chapo”Cristina.   

Artigo en Galicia Dixital

Ler noticia dese día en Faro de Vigo

Leer en español

 

Cristina,una joven valiente y solidaria

El jueves pasado día 13 aconteció en el muelle de Vilaxoán un grave accidente donde perecieron dos chicas, Eva y María, al caer el coche al mar. Otra joven que se encontraba en otro coche, al observar que se hundía, se tiró al mar para poder salvarlas. Esta chica de 19 años Cristina Lobato intentó rescatar a las víctimas, pero un montón de circunstancias y muy mala suerte, no pudo hacer nada. Yo estaba allí, la vi toda mojada y temblando  de frío, quizás no solo de frío sino que también de la impotencia de no poder rescatar a las jóvenes.
No es muy normal que se trate de tu a una persona que no se conoce. En este caso Cristina, me permites por una vez escribir de tu a tu . Ante todo la más sincera felicitación por el coraje y valentía de tu acción. Creo Cristina, que los que nos consideremos adultos tenemos que hacer muchas reflexiones en cuanto a la juventud. No solamente tenemos que estar a leer y escuchar en los medios todo lo negativo , ya que eso es lo que más vende. Tu, Cristina, nos diste una lección de humildad, solidaridad y valentía que muchos de nosotros, los adultos, tenemos que aprender.
No tengo ese gran placer de conocerte personalmente Cristina, creo que ya te conozco en mis reflexiones y en mi mente, representas a miles (la gran mayoría) de jóvenes de este país que jamás salen en los periódicos o TV por las cosas bien hechas, eso no vende.
Cristina, los adultos damos la cuota más alta en sintonización de las TV, viendo las miserias humanas, los programas basura, subcultura y luego pedimos responsabilidades a los chicos/as de la falta de valores. Creo que tenemos parte de la culpa de no saber comprenderos. Tu diste ese ejemplo ante este sistema mediático que nos están a imponer. Tu diste el ejemplo a muchos detractores que piensan que están en la posesión de la verdad, poniendo a caer de un burro a toda la juventud; cuando saben positivamente que siempre fue una minoría.

No es  cierto que los jóvenes de ahora pasen de todo. Todo el contrario. Tienen sus propios valores interiorizados y están comprometidos con lo que creen. Miles de ellos demuestran cada día con sus acciones , su energía y la ganas de hacer cosas, de actuar contra la injusticia, el medio ambiente y en especial los valores del ser humano como es la vida.
Sólo te digo dos palabras con mucho cariño: “chapo”Cristina.

Teo Cardalda F.

Comentarios

Un Comentario »

  1. Grazas por traer boas novas aínda despois da traxedia. grazas pola esperanza e pola verdade. moito ánimo e admiración para cristina.

    manel vazquez | 19-03-2008 - 04:18:08 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>