Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Comando Cultural Os Rabiscos, A Debacle de I.U.-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 23:40

8.jpgComando Cultural Os Rabiscos

 

 

 

Teo Cardalda F. 

A debacle de IU

 Lembro hai unha década cando o xornal “El País” lle chamaba a Julio Anguita:  “iluminado” e personaxe que estaba noutra galaxia cando tiña no seu grupo parlamentario vinte deputados. Agora nestes intres pasado o tempo,  vou comprendendo o que quería dicir ese “xornal” e outros, axudar mediaticamente ao amparo desta Lei Electoral de repartirse a torta de España entre o branco e o negro. O acadaron para ben dos intereses deses progre-yupis con chaqueta de pana, que saíron como foguetes na época de Solchaga.  

 

É certo que a Lei Electoral é totalmente inxusta e defendida polos que lle beneficia, PP e PSOE. Evidentemente iso afecta a moitos escanos, a IU lle costa 500.000 votos acadar un deputado, cando ao PSOE e PP só lle fai falla 65.000. A Lei D´Hont nunha única circunscrición sería a máis xusta, coido que é moi desaxustado que, con case un millón de votos teña dous deputados IU e Coalición gaspar_llamazares1dn.jpgCanaria con 164.000 teña os mesmos escanos .

 

Nembargantes, hai moitos factores na perda de case medio millón de votos con respeto ao 2004: faltou un programa clarificante de esquerdas. Nos últimos anos a política que primaba asemellaba a un irmán pequeno do PSOE ( sen quitarlle o seu mérito nalgunhas  leis sociais que foron aprobadas grazas á súa iniciativa ),  a isto sumamos a política da dirección que aconteceu con guerras internas que saíron á luz pública e iso ten un custo a curto prazo negativo. Tamén pode ser que acontecera un factor  que eu lle chamo o voto do “medo” ( ollo, que veñen os fachas), que en termos  máis sutís  lle chaman o voto “útil”.

 

Considero que a partir deste intre retomen con máis forza  como sempre foron, cos seus valores da liberdade ( non esquezamos a súa loita polas liberdades contra a dictadura quedando moitos no camiño, mentres outros que se din de esquerdas estiveron de vacacións naqueles intres), da xustiza por riba de calquera interés, xa que considero que ten que haber un contrapeso neste pais que explique moi claramente e cale nas mentes dos paisanos que, a distribución da renda sexa un indicador máis importante que a renda “per cápita”. Teñen moitas razóns, só necesitan saber explicalas. Suponse que son a rama culta deste pajulio-anguita.jpgís, pero non illarse  nunha capa de propostas ilusorias.

 

É unha mágoa que unha esquerda consecuente con eses principios de igualdade sexa hoxe case testemuñal  no Parlamento, onde en case tódolos países de moito bagaxe democrático de Europa, sexan terceiras forzas políticas que obrigan de cando en vez a facer políticas sociais aos socialdemócratas cando estes escoran ao liberalismo. Non soamente este país e branco e negro, ten moitos cores e a pluralidade enriquece a política.

 

Como simple anécdota ante esta inxusta Lei Electoral, votando cunha única  circunscrición o PSOE perdería oito deputados, o PP  sete, IU tería 14, o BNG seguiría con dous, ERC tres, PNV perdería dous CIU conservaría os 11. Coido que é moi significativa  esta norma,  máis xusta en relación co número de votantes a cada forza política, a pluralidade e a representatividade dos cidadáns moito máis axustada.

Despois de máis de trinta anos de democracia, o troco desta inxusta Lei é unha materia pendente de calquera goberno de quenda. Coido que non hai vontade política e non interesa a certos poderes fácticos. 

Artigo publicado Galicia Dixital

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>