Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

05/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-Un combate a dous-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 23:36

 Comando Cultural Os Rabiscos

8.jpg

 

 

 

Por Teo Cardalda F. 

Un combate a dous 

Xamais tiven maior interés por uns debates políticos onde non están representados tódolos votantes do arco parlamentario. Nembargantes, por esta vez tiven a santa paciencia de ollar e escoitar os dous debates para poder facer unha crítica (positiva ou negativa) dos dous representantes dos partidos maioritarios do estado. Cando me acomodei na cadeira fronte ao televisor, deume a sensación que ía a ollar un combate de boxeo, así o reciclei nos miolos desde o primeiro intre ao pé da pantalla.  

Comeza o combate co permiso do árbitro. O aspirante ao título comeza a dar uns golpes baixos demagóxicos  usando de cando en vez uns “barullos”  cara a  certo público que case non entenden deste “boxeo-político”, o aspirante dáse conta que o combate aínda que sexa desta maneira pode coller máis adeptos dese público, onde comezan a aplaudirlle como tolos. O actual campión, comeza a recibir estes golpes e  “barullos” e trata de esquivalos como pode, parte do público que sabe de que vai a cousa, comeza a gritarlle que use a mesmas armas que o seu contrincante. Na metade do combate trata de usar esas mesmas armas nalgún momento, dándose conta que iso non lle fai falla,  comprende que ten parte do público ao seu favor e trata de rematar o combate dunha maneira amigable.zaptero-rajoy-saludan-inicio-debate.jpg 

 

O árbitro da por rematado os asaltos. Ao final os medios e as enquisas falan de gañadores e perdedores. Eu que vin o combate, tamén teño o meu pobre criterio: o considero un “tongo” xa que non gañou ninguén, só houbo un perdedor que foi o público (pobo)  que é o que paga ante un combate tan patético.

Non foi un combate de ideas, pareceuse máis a un monologo facendo carantoñas, destacando o aspirante ao título de intentar insultar á intelixencia de moitos españois.  Cada un fixo o seu papel que lle corresponde no “ring”, dentro das coordenadas que ordena o “regulamento” dos que financian na sombra este “boxeo”político.

Aos organizadores destes combates témoslle que lembrar que non soamente existen os pesos pesados, senón que temos preto de catro millóns de “aficionados-votantes” que tamén lles gusta que se celebren combates de tódolos pesos no mesmo “ring”, onde podemos os españois ter unha máis completa información da grande e rica pluralidade deste país.

O vindeiro domingo día 9 o pobo dará o veredicto. O campión gobernará con ese título pero non terá o poder. Ese poder cos tempos que corren de “neocon” sempre será dos que fan e financian ese “regulamento”.

Ímola andando que a festa vai boa. A bo entendedor moi poucas palabras fai falla.  

Artigo publicado no Diario de Arousa e Galicia Dixital

Ler en español........

 

 

 

Un combate a dos

Jamás tuve mayor interés por unos debates políticos donde no están representados todos los votantes del arco parlamentario. No obstante, por esta vez tuve la santa paciencia de ver y escuchar los dos debates para poder hacer una crítica (positiva o negativa) de los dos representantes de los partidos mayoritarios del estado. Cuando me acomodé en la silla frente al televisor, me dio la sensación que iba a ver un combate de boxeo, así lo reciclé en los sesos desde el primer momento al pie de la pantalla.

Comienza el combate con el permiso del árbitro. El aspirante al título comienza a dar unos golpes bajos demagógicos usando de vez en cuando unos ”barullos” hacia cierto público que casi no entienden de este “boxeo-político”, el aspirante se da cuenta que el combate aunque sea de esta manera puede coger más adeptos de ese público, donde comienzan a aplaudirle cómo locos. El actual campeón, comienza a recibir estos golpes y “barullos” y trata de esquivarlos como puede, parte del público que sabe de que va la cosa, comienza a gritarle que use la mismas armas que su contrincante. En la mitad del combate trata de usar esas mismas armas en algún momento, dándose cuenta que eso no le hace falta, comprende que tiene parte del público a su favor y trata de rematar el combate de una manera amistosa.

El árbitro da por terminado los asaltos. Al final los medios y las encuestas hablan de ganadores y perdedores. Yo que vi el combate, también tengo mi pobre criterio: lo considero uno “tongo” ya que no ganó nadie, sólo hubo un perdedor que fue el público (pueblo) que es el que paga ante un combate tan patético.

No fue un combate de ideas, se pareció más a un monologo haciendo carantoñas, destacando el aspirante al título de intentar insultar a la inteligencia de muchos españoles. Cada uno fijó su papel que le corresponde en el “ring”, dentro de las coordenadas que ordena el “reglamento” de los que financian en la sombra este “boxeo”político.

A los organizadores de estos combates le tenemos que recordar que no solamente existen los pesos pesados, sino que tenemos cerca de cuatro millones de “aficionados-votantes” que también les gusta que se celebren combates de todos los pesos en el mismo “ring”, donde podemos los españoles tener una más completa información de la grande y rica pluralidad de este país.

El próximo domingo día 9 el pueblo dará el veredicto. El campeón gobernará con ese título pero no tendrá el poder. Ese poder con los tiempos que corren de “neocón” siempre será de los que hacen y financian ese “reglamento”.

 Vamos andando que la fiesta va buena. A buen entendedor muy pocas palabras hace falta.

Artículo publicado en el Diario de Arousa y Galicia Digital


 

 

 

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>