Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

01/03/2008 GMT 1

Pazo do Rial-Vilaxoán de Arousa

sarampelo @ 11:24

Fervello: Estivemos remexendo os miolos os que facemos este blogue e pensamos que, non hai mellor terapia para todos aqueles que temos aínda un criterio propio (mentres non no lo quiten), ante esta patética campaña electoral o fuxir axiña de tantos dewater e promesas que xamais se cumpliran, das mentiras,  hipocresía e da devaluación da democracia, o pasar a un plano moito máis cultural como son os nosos monumentos artísticos da nosa Galicia. 







PAZO DO RIAL


O Pazo do Rial quizais sexa un dos máis fermosos da bisbarra do Salnés. A fasquía deste Pazo seméllase ao de Sobrán, encadrándose nunca traza moi xenérica de edificio central corrido entre dúas torres.Atópase no centro dun outeiro que antano favorecía a vista dos seus dominios.

Racha a norma, unha liña de ameas ao longo de toda a fronte do edificio e unha capela que está preto dunha das torres, engadido moi pouco estético a verdade. No eido existen un piorno e un pombal.

Descoñecese a súa orixe con certeza. Seica en tempos antigos, sobre a parte posterior do mesmo Pazo se erguía un mosteiro polos restos de rocha que aínda hoxe se atopan no lugar. Figura en tódalas guías de Galicia, inclusive en unha morea de obras que fai referencia á arquitectura barroca de España. Nun artigo de Xavier Ozores do Faro de Vigo de 1925, falaba o seguinte: “Por su traza, amplias proporciones y típica arquitectura es uno de los más hermosos de Galicia”.

Fai uns anos pertencía á familia Ozores; Estivo unha morea de anos en completo desleixamento e case ruína, ata que foi vendido para facer un hotel, foi restaurado polo dono actual, aínda que ao mesmo tempo rachou a conxugación maxistral e estética desta fermosa arquitectura palaciana, xa que non reflicte a propia fisionomía barroca das terras en que se asenta por mor dun edificio moderno que se ergueu ao carón do Pazo.

 Ao seu arredor existía un frondoso arboredo  que en tempos de primeiros do século XX facíase unha romaría moi importante no día de San Xosé, que en Vilaxoán tiña o nome da “Romaría dos Xosé-finos”, que era unha Asociación fundada por Xosé Garrido, Demetrio Garrido, Luís Faro e Francisco Villaronga. Nacera esta asociación en 1915 para tratar de non esquecer o que viñan facendo os seus antergos dende tempos antigos. O dono do Pazo e posesións daquel entón o Marqués de Aranda era tamén partícipe desta festa-romaría, cousa que na actualidade xa se perdeu. Organizaban bailes populares con gaiteiros, cucañas e unha puxa de vacas e becerros. A esta sonada romaría acudía moita xente da bisbarra do Salnés ao fragor daquel bosque ao remanso do río Rial e preto da praia das Saíñas.

Pertenceu este edificio barroco de primeiro aos Mariño de Lobera, estivo vencellado nalgún tempo ás familias Soutomaior, Valladares, Aldao, Sarmiento e Araujo entre outros;Ten unha chea de escudos coas armas dos Mariño de Lobera, Soutomaior, Maldonado Aldao .

Un dos escudos da fachada aparece sostido pola serea que a lenda pretendeu engaiolar co seu canto a un home da caste do apelido Mariño. 

t.c.f.

 

Trackback URI

Comentarios

Un Comentario »

  1. Concordo coa terapia, se todos fixesemos o mesmo e non lle seguísemos o xogo (porque para eles todo isto no é moito máis) igual reaccionaban dunha vez. Mais non vai ser, aquí todo o mundo quere xogar...

    Doutora Seymour | 02-03-2008 - 22:02:03 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>