Faladurías do Carallocampante - O sonado "De-Water"
Faladurías do Carallocampante
O sonado "De-Water"


Carallocampante di: Estas dúas ilustracións as secuestrei en dous blogs, a primeira pertece ao galego López no blogue Croques de Perfecto Conde. a segunda a J. Kalvellido en Insurgente.oreg.. Se a cousa do secuestro lles parece mal, non teño ningún inconveinte e sacalas. Se cren que poden estar neste blogue, graciñas .
Máis ben estas dúas ilustracións case están na miña sintonía con respeto ao debate entre Zapatero e Rajoy. Os medios e as enquisas falan de gañadores ou perdedores. ¡Manda carallo na Habana!, nin que fora un partido de fútbol. Coido que o único que perdeu foi o pobo ante un dabate tan patético. O que goberna, falando que fixo máis que o outro nas cousas positivas, e de negativas non fixo ningunha. O da oposición mentindo máis que un cosaco a cabalo ata chegar ao cinismo máis puro e duro, onde ao final nos trae un programa de conto de hadas, que si a meniña chora, que si a meniña non ten que xantar, que o pai da meniña non ten traballo. ¿Pero que carallo foi iso?. Se o pensamos friamente e poñemos os miolos (chips mentais) a toda leite, ata podemos sacar en conclusión e dicirnos a nós mesmos: ¿Qué carallo fixemos nós para merecer estes dous personaxes como dirixentes dun país?. Non houbo debate de ideas, foi un puro monólogo, por non chamarlle un diálogo de besugos. Nembargantes teño que recoñecer que o socialdemócrata Zapatero fixo o seu papel na liña de: "nin tanto arre que fuxa nin tanto xo que se deite". Como non tiven opción a ver un debate de ideas en representación dos máis de catro millóns de votantes dos demáis partidos, teño que dicir que dentro dese monólogo o Zapatero levou o gato a auga sen moito mérito por parte del, senón máis ben por deméritos do representante dos "currantes" Pizarro, Aznar e Villalonga.
Está xemellando estas campañas e debates ao estilo do Imperio, Demócratas e Republicáns, tanto monta monta tanto, e os medios axudando a adomercer ao pobo con cantos de sirena e roubando as ideas. Que os Deuses nos collan confesados, se antes non a palmamos con tanta porcallada política.

Chúzao
del.icio.us





Tes razón, o único que perdeu foi o pobo que aguantou diante do televisor
dunhas horas esa trapallada patética. Tanto pedir debates para esto!
O Raposo | 27-02-2008 - 22:02:49 GMT 1 #