Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

11/02/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, artigo de Teo Cardalda F. Os Ilustrados das TV

sarampelo @ 23:03

Comando Cultural Os Rabiscos.    

8.jpg

Teo Cardalda F.  

Os “ilustrados” das T.V. 

Artigo en Galicia Dixital  e Diario de Arousa

Vaiche boa a cousa, mala chispa os coma. Non sei se vos dades conta que dun tempo acó, non se pode ollar a Televisión sen alporizarnos. Algúns “parroquianos” os ves tvbasura.jpgpola rúa con cara de beatos e as uñas de gato.   

 

Dáme que pensar  que as productoras para que estéamos “cabreados” día si e outro tamén, acometeron unha estratexia onde non hai un só programa que non remate a ouvear, berrar e ornear, inclusive xa comezan os programas berrando como lobos, logo no intermedio do programa ven a publicidade cun son infernal que rematas cunha subida de adrenalina e cun “cabreo” épico que che dan gañas de coller un mazo de ferreiro e escachar o aparato da TV. Estas productoras están a sementar sen semente, para que os oíntes e televidentes rematemos segando sen fouciño. 

images31.jpgIntentas desconectar os miolos  un anaco e pos calquera programa de corazón (subcultura) dos que temos agora. Pero moi lonxe da túa intención, o teu “cabreo” vai a máis cando aparece alguén que coñeceu a non sei quen; que saíu con non sei cantos; que estivo na cama con tal persoa; que si a vaca da miña veciña da mellor leite  que a miña; tal é a nai como a filla; uns en boa cama e outros en mala. Neste programa de lixo xuntouse a fame coas gañas de comer.   

Falan gritando como nas lonxas do peixe (con moito respeto polas peixeiras). Qué máis quixeran algunhas “señoritas” que saen neses brodios de TV cunha cultura máis semellante a pés de bancos, chegarlle á altura dos tacóns as nosas peixeiras galegas. 

 A subida de “cabreo” ten lugar cando o presentador berra máis que os “personaxes” invitados e pasas a converterte nun cabalo furioso  e rematas ouveando todo descomposto: ¡ Vaia anaco de cabróns…....!. 

A túa dona mira para ti e pregunta se estás doente, que tes unha cara descomposta e sáenche os ollos e os dentes para fora. Para non armala  colle-lo coche e vas dar unha carreiriña, sintoniza-la  radio e escoitas máis berros, esta vez a Jiménez los Santos que ladra e fai posible aquel refrán galego: “na terra dos lobos hai que ouvear coma todos”.   Apagas a radio, saes do coche e vas dar unha volta; tes a negra sorte de atopar a uns coñecidos que comezan a berrar polo ruín dun presentador nun faladoiro de fútbol na TV, enchen o ar de blasfemias dirixidas a estes comentaristas, comezo a fuxir dese ar tan contaminado de “cabreados”, voto a tvbasura2.jpgandar é “pírome” axiña para non rematar tolo.  

Ao pouco tempo os “chips” da miña “cacholiña” lémbranme o libro de cabeceira que estou lendo ("Vivir para contarla", de García Márquez), e sinto unha tranquilidade, un acougo que o corpo comeza a relaxarse ao momento, métome na cama comezo a ler, estou ata preto das tres da mañá saboreando o  intelixente tema de Gabo; foi como un sedante e durmín como un bendito.  

¿Como é posible que estes responsables das TV, guionistas “ilustrados”, productores e toda esa  tropa poidan insultar á intelixencia dos “parroquianos” con tanta impunidade?. De ruín madeira, nunca deu boa astela.

Á única maneira de facerlles a “puñeta”: apáguemo-lo televisor nas horas de máis audiencia e collámo-los libros e os discos, é a mellor terapia contra os principios da tolemia.  

Agora que acaban de aparecer os índices de lectura neste país e, por fin Galicia, imos en cabeza en algo: lemos pouco.  Non lle deamos pé a estes comediantes e farsantes das TV a seguir sendo os primeiros no negativo. Libro pechado non fai letrado.

Graciñas Gustavo por darme a idea.  

 

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Insultar a intelixencia?, agora xa non, o outro día alguén contábame que en Cuatro entre anuncio e anuncio poñen adiviñas ( unha cousa así como un xeroglífico) por capítulos. E ti tragas os anuncios agardando a próxima pista, e cando comeza de novo o programa que vías dan o resultado. Igual non te lembras de que estabas vendo, pero o ego "intelectual" deste xeito medra coma a escuma. Abraida fiquei...

    Doutora Seymour | 12-02-2008 - 00:11:29 GMT 1 #

  2. De nada. Aunque en realidad la cosa es tan obvia que nadie repara en ello. La idea principal la tuvo Forges con la viñeta que pegué (este Forges).

    Gustavo | 12-02-2008 - 10:26:12 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>