Unha gran "sopa de plástico que flota no océano Pacífico
Unha gran "sopa de plástico" que flota no océano Pacífico cun tamaño dúas veces o territorio de Estados
Unidos Ler máis ....insurgente
Segundo os científicos, o maior vertedoiro do mundo. A mancha cobre preto de 500 millas da costa de California, rodea Hawai e esténdese ata case Xapón, segundo publica The Independent e Los Angeles Times.
Charles Moore, o oceanógrafo norteamericano que descubriu a "gran mancha de lixo" e creador da
Fundación de Investigación Mariña Algalita cre que contén unhas cen millóns de toneladas de desperdicios. Atópase nunha zona que navegar por un vórtice que os mariños xeralmente evitan porque hai pouco vento e moita presión.
Sarampelo: É o que faltaba, entre que os Polos se derriten, as guerras que provoca o Imperio do Tío Sam con armas de plutonio, a contaminación do CO2 e máis merda-lixo que aínda non sabemos, coido que imos ao desastre e os gobernos de occidente o único que lles importa é engordar aínda máis a eses tiburóns insaciables das grandes corporacións. Un dos exemplos destes "predadores humanos" o temos agora na política, un tal Pizarro. Oxalá rematen todos comendo plástico. Aínda que tamén nós, si, os que vivimos nestes países da opulencia, os que somos paisaniños tamén temos o noso grado de culpa o de non procurar e evitar de encher o mar de lixo-plástico. Coido que a cousa non é de coña. Os nosos netos o teñen ben "fodido".
__________________
Artigo de: *Juan Gelman en Rebelión


Chúzao
del.icio.us




Teño a sensación de que a cousa é mais preocupante aínda do que parece.
Porque falamos da contaminación que conocemos, pero seguramente hai
aspectos contaminantes que aínda non son de dominio público, dos que
nada sabemos e pouco a pouco van ir aparecendo.
O futuro pinta negro e dos políticos pouco se pode esperar.
O Raposo | 06-02-2008 - 10:48:12 GMT 1 #
Impresionante, triste, deprimente...
Non sei nin como calificalo. A verdade é que estamos facendo ben pouco polas próximas xeracións, polo noso planeta e por nós mesmos.
Xa non sei se pensar que é o tema de moda nos diarios e por iso nos bombardean con noticias coma esta ou se é que realmente a cousa está peor do que nos imaxinamos...
Mar e Lúa | 07-02-2008 - 23:45:34 GMT 1 #