Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

04/02/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, artigo de Teo Cardalda F.-Os revolcóns amorosos do Sr. Fajardo de IU

sarampelo @ 14:13

O sábado pasado día dous de febreiro saía un comentario nos xornais de Arousa do portavoz do PP no concello de Vilagarcia   Sr. Fole criticando ao Goberno bipartito dp1040435.JPGo PSOE e mailo BNG, polo desembarco do

concelleiro Sr. Fajardo de IU na presidencia da Comisión de Obras. O Sr. Fole dicía o seguinte: que iso

(Foto da nova do Faro de Vigo) 

era unha “cacicada  e un “mercadeo”,  comparaba ao bipartito cun matrimonio de conveniencia no que axiña aparece “….un amigo con dereito a “revolcón”. 

Comentario de Teo Cardalda a esta crítica 

Comando Cultural Os Rabiscos 

Os “revolcons amorosos” do Sr. Fajardo de IU 

Ímola andando, que a festa vai boa. O Sr. Fole comentou estes días nos xornais que, alcaldesa-foto-boa.jpgo desembarco de Fajardo de IU na presidencia da Comisión de Obras é unha “cacicada” e “mercadeo”, nembargantes o que máis me ilustrou  foi o que dixo despois: compara ao bipartito  cun matrimonio de conveniencia no que axiña aparece “...un amigo con dereito a un “revolcón...”. ¡Carallo!. Isto si que é novo na política.

(foto,Sra. Alcaldesa) 

Non me parece mal que nos tempos que corren (século XXI), non haxa un entenden  a tres, un trío na mesma cama, sempre e cando sexa consentido e en mutuo acordo. O Sr. Fajardo con consentimento do “bi”, ten todo o dereito a “revolcarse” . O amor Sr. Fole, sexa como sexa fai cordos aos tolos e sabios aos parvos; daquela maneira, tres que dormen nun xergón, vólvense da mesma condición, e se iso é  para mellor, benvido sexa o “revolcón”. O amor tódalas cousas iguala, o que non se pode  Sr. Fole é chamarlle antes de tempo cornudo a ninguén, o que non sei que é o cornudo, se a Alcaldesa ou o Sr. Ratón. xose-castro-raton-ng.jpgHai quen calando fala e falando non di nada xa que a mellor palabra é a que está por dicir. O comer e a rascar, todo o malo é empezar e se o trío chega a ese acordo amoroso, non se fai fóra de tempo o que se fai no seu tempo, e se non se fai as cousas dunha vez fanse  de dúas ou tres ou cando ese amor chegue a culminación do (Foto, Castro Ratón)

 

acto, e si é para ben, mellor que mellor. Paseniño a paseniño fixo unha vella unha juan-fajardo11.jpgpipa de viño.

(Foto, Juan Fajardo) 

 

 

 

Sr. Fole, dígoo que á auga de correr e á xente de falar non se lle pode privar, coido que as palabras que dixo nos xornais son ditas sen intención xa que os días do Entroido máis o dos fole.jpg

                                                                      (Foto, Tomás Fole)

Santos Inocentes, non se poden tomar en conta. Sen acritude compañeiro Fole, ven que nos coñecemos, só lle digo que tamén a Vd. lle gustaría facer de cando en vez algún que outro “revolcón”, a min tamén me gustaría. Nesta curta vida que temos, o probar tódolos praceres non é pecado. ¡Non si, Sr. Fole!. 

 

Hai un refrán con moita retranca galega que di: “véndeme os bois e véndeme as vacas e non me vendas o pote das papas”. E que siga o Entroido.

Teo Cardalda F. 

Artigo escrito no Dario de Arousa

 

Comentarios

Un Comentario »

  1. jajajajajajaja!!!!

    o sr fole e a xente do pp en xeral, estan tan pouco acostumados a facer as cousas democráticamente que todo oo q sexa un acordo q implica a mais de unha parte, cousa q fai mais dificil o 'desviacion' de fondo preocupalle e asustalle.; porq pensa q igual a xente se da conta e exixen os politicos transparencia e controis dos outros partidos e mais do pobo de todos e cado un dos pasos q dan. pobre fole esta asustado

    bitelchus | 04-02-2008 - 17:26:03 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>