Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

30/01/2008 GMT 1

Os animais con roupa contra os animais

sarampelo @ 21:33

 

V CAMPIONATO ESTATAL DE CAZA DO RAPOSO  DE PORTOMARIN

Vídeo do 29 de xaneiro de 2008

Fervello: Remato de ler o Bolgue de Perfeuto Conde Muruais. Carallo, pois quedei abrallado sobre o exposto. Trátase da caza do raposo por centos de cazadores á persecución como tolos tralo o animal. Pero o que máis me chamou a atención foi os outros animais con escopeta ameazando aos defensores  da fauna e xurando como tolos. O vídeo é escarallante e inclusive coido que ten unha carga delectiva pola graves ameazas que lles fixeron. Non estaría mal que algún fiscal ollara este video.

Estes animais con roupa e pantalóns pertecen a fauna da Galicia máis profunda. Perfeuto di no seu post que algún deles, se cadra, poden ser directivos dalgunha empresa, ou quizais de profesións liberais. Pero non deixan de ser uns animais irracionais. Cada vez que estou coñecendo ao ser humano, máis lle quero ao meu cán. 

Trackback URI

Comentarios

Comentarios(3) »

  1. Carallo, terei que ter coidado pois, que ese animais irracionais das
    escopetas teñen moi malas pulgas.

    O Raposo | 31-01-2008 - 00:21:14 GMT 1 #

  2. Podería enlazar vostede este artigo co do outro día, aquel que viamos tan,tan, afastado da nosa realidade... si ese da festa do rifle... dos norteamericanos...

    Doutora Seymour | 31-01-2008 - 19:12:45 GMT 1 #

  3. Todos somos tan valentes con escopetas.....Dende logo que animais....

    en_galego | 31-01-2008 - 23:25:23 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>