Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

27/01/2008 GMT 1

O Pentágono afirma que Uribe traballou para o narco Pablo Escobar

sarampelo @ 00:53

 Nova dos días pasados

 Zapatero en xuntanza con Uribe 

José Luís Rodríguez Zapatero aceptou fai uns días formalmente a petición do presidente de Colombia, Álvaro Uribe, para que España -xunto a Francia e Suíza e baixo a coordinación da Igrexa católica- medie ante a guerrilla das FARC (Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia) para conseguir a liberación dos secuestrados. uribe-za.jpg


Zapatero deixou claro que a mediación española non irá por libre, como a de Venezuela, pois cada paso acordarase coas autoridades colombianas. "Nada se pode facer, como é lóxico, sen contar co presidente Uribe", afirmou. España forma parte desde fai anos do grupo de países que apoia as xestións de paz en Colombia, con nulo éxito no caso das FARC e avances significativos coa outra guerrilla, o ELN.

Durante a súa breve estancia en Madrid, Uribe foi recibido polo Rei e departiu entre outros co xuíz Baltasar Garzón con quen, segundo dixo, abordou o decreto sobre axuda ás vítimas do terrorismo que prepara o seu Goberno. Antes de partir cara a Suíza, para participar no foro de Davos, o presidente colombiano acudiu ao congreso de víctimas do terrorismo.  Ler máis.......


------------------------------------------------------------------------ 

Agora ollamos a outra nova relacionada co presidente

de Colombia  

Un informe do Pentágono afirma que Uribe traballou para o narcotraficante Pablo Escobar.

En setembro de 1991 o departamento americano de defensa recompilaba unha lista de individuos que cría que estaban asociados co coñecido cartel colombiano da droga de Medellín. Hai 106 nomes no recentemente desclasificado documento de intelixencia entre os que hai quen están sinalados como vándalos, asasinos, traficantes de nivel medio e avogados corruptos. paramilitares_.jpg

O cruel xefe do cartel, Pablo Escobar, era o principal na lista, xunto co antigo ditador panameño Xeral Manuel Antonio Noriega. Pero o que verdadeiramente chama a atención é ítem Non. 82 que di: " Alvaro Uribe político colombiano e senador dedicado á colaboración co cartel de Medellín nos altos niveis do goberno. Uribe vinculouse a un negocio involucrado nas actividades dos narcóticos nos Estados Unidos?. Uribe traballou para o cartel de Medellín e foi un amigo íntimo  de Pablo Escobar Gaviria.

     

Ler máis na revista NEWSWEEK........BLACKLIST TO THE A LIST
ONCE DEEMED A BAD GUY, URIBE IS NOW A TOP ALLY...
   

   Os miolos do sobriño do Fervello: 

É unha irresponsabilidade a xuntanza do outro día de J.L.R. Zapatero co Presidente colombiano Álvaro Uribe Vélez.

O Goberno español terá que dar resposta a moitas preguntas se quere ser coherente coa súa política e cos seus compromisos electorais en materia exterior na súa cooperación de Dereitos Humanos. O que máis lle está a preocupar ás organizacións sociais e defensoras dos Dereitos Humanos do mundo son os vínculos de Uribe cos grupos paramilitares de extrema dereita e responsable de decenas de miles de crimes de lesa humanidade. Xa esta demostrado a participación de sectores políticos, económicos nacionais e trasnacionais no fortalecemento e orzamento do proxecto paramilitar en Colombia. Segundo a Corporación “Nuevo Arcoiris,” 1.845.773 votos obtiveron os 33 Senadores e 50 representantes á Cámara incluídos nas pescudas xudiciais polos seus vínculos cos paramilitares, todos eles aliados estratéxicos da campaña de Uribe. 

 

O noso Presidente en vez de reunirse con Uribe, debería apoiar a demanda que está presentada contra o mandatario colombiano ante o Tribunal Internacional de  La Haya. O único que estaba levando as cousas nas negociacións coa guerrilla é Chávez con resultados positivos. Agora o Uribe, que xa fixo as súas falcatruadas cando a liberación das rehens, quere que negocie España, Francia Suíza e maila Igrexa. Imos apañados coas directrices que manda o Imperio con tal de desprestixiar a Chávez, e o noso goberno apoiando a un xenocida. O que me está a roer os miolos nestes intres é algo que non me entra nin polos pos da miña pel. ¿Como o Garzón non o meteu na cadea a este homiño?. O digo moi en serio non é unha ironía, nin caralladas.     

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>