Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

22/01/2008 GMT 1

Unha sociedade doente, EEUU

sarampelo @ 00:19

A América profunda, unha sociedade doente. 

Esta é  unha reportaxe sobre o negocio das armas no corazón de Estados Unidos, en Kentucky, onde é en grao sumo habitual que os pais regalen aos seus fillos o último e máis sofisticado en armas de fogo.


shotg36c.jpg


A periódicas matanzas en Institutos ou supermercados non asustan a estes pais, que se gastan miles de dólares nestas datas para comprar aos seus nenos os caprichos que ven en violentos videoxogos. O fácil acceso a alta tecnoloxía armamentística, conxugado cunha ideoloxía radical, dá como resultado a proliferación de organizacións paramilitares de ultradereita.

jesussittingnra.jpg

"Aquí non necesitamos psiquiatras nin diváns. Aquí temos armas automáticas. Iso se é unha boa terapia" di un dos organizadores do Festival da Metralleta de Knob Creek, en Kentucky. Un lugar nos EEUU onde nenos de catro anos disparan coas armas automáticas dos seus papas e familiarízanse desde moi pronto co cheiro a pólvora e a sensación de baleirar un cargador contra algo. Ler máis en....Insurgente.org

Vídeos dunha reportaxe de Jon Sistiaga onde mostra o negocio das armas en Estados Unidos


 

Sarampelo: Cada quen que saque as súas conclusións ao ver os vídeos. Eu desde o meu punto de vista estou alucinado. Vaia valores que estes descerebrados lles inculcan aos seus fillos. Non nos estrañe si algunha vez sae un presidente inculto e cos miolos descentrados como Bush nese país da “democracia” e a “liberdade”. Non creo que estes elementos sexan da especie do ser humano, si esto é a si, renego da miña especie.

 

Comentarios

Un Comentario »

  1. ..........................................................................................................
    ..........................................................................................................
    ......................................... o producto da ignorancia é a prepotencia e o MEDO. Alguén que precisa un arma para sentirse libre é o ser máis esclavo..........
    Arrepiante, é a segunda vez que miro este documental, e non consigo entender...., eses nenos..., que están fabricando?

    Doutora Seymour | 23-01-2008 - 18:03:55 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>