2008 e Aznar segue coa mesma lideira
"Zapatero debería quedar inhabilitado para gobernar por negociar con ETA"
“Aznar se pregunta "cómo alguien puede fiarse" de él.”
Vídeo e titulares recollidos de 20minutos.es. ver vídeo e ler máis.... na devandita páxina.
Fervello: Este pasado luns día 14, nunha conferencia da FAES o Aznar pregúntase: “como puede fiarse alguien de quienes han engañado tantas veces a los españoles”, facía referencia a Zapatero.
¡Carallo!, que alguén o devolva cagando leites a esa Universidade de Georgetown e que se quede alí para sempre. ¿Pero este Sr. non ocultou durante o seu mandato o feito de dialogar con ETA para pactar un cese da violencia?.
Está como un can da rabia desde que perdeu as eleccións. Ti ,Aznar, nos metiches nunha guerra inxusta e logo as túas mentiras fíxoche perder as eleccións, o mellor é que te cales dunha vez.
Agora que lembro, cando estabas negociando con ETA non lle chamabas desa maneira, lle chamabas EXÉRCITO DE LIBERACIÓN VASCO”. Hai que foderse co tío, tes máis cara que un zapato vello.
É unha vergoña que este personaxe estéase paseando por todo o mundo como expresidente. ¿Queres que che diga unha cousa Aznar?. Dásme vergoña allea.
Non sei como cualificar a este home, ou é un farsante, un estúpido ou é o que dixo o Rei cando estaba de presidente este tío. Ante testemuñas, Juan Carlos o criticou nunha morea de ocasións (“ ¡Pero qué corto, qué hombre tan corto!”, din que dixo. Isto foi recollido no libro “Un Rey Golpe a Golpe” .
Menos mal que aínda temos hemerotecas e videotecas, desta maneira pódome lembrar do que dixo e do que está a dicir este homiño. Alguén neste país ("Plataforma, Juicio a Aznar") está a recoller sinaturas para que te senten no banquillo dos acusados.
No vídeo do luns pasado ao final da “conferencia” este tío recibe unha morea de aplausos, ¿Pero quen aplaude? . Eu alucino........ Esto é un insulto á intelixencia dos españois.
Videoteca:Vídeos de agora e de antes
Vídeo do día 14-01-2008
Recollido de 20minutos.es

Chúzao
del.icio.us





Hai xente que ten o don de inhabilitarse a si mesmo cada vez que abre a boca (za). E tamén hai xente que aplaude sempre que o manda o rexidor... Pensar desgasta.
Un saúdo.
Doutora Seymour | 20-01-2008 - 20:15:48 GMT 1 #