Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

13/01/2008 GMT 1

Carta aberta de Ramón Bueno ao Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sr. Javier Gago

sarampelo @ 12:17


Carta aberta ao anterior Alcalde de Vilagarcía de Arousa e actual Presidente do Porto da mesma cidade, Javier Gago. Carta reproducida no Diario de Arousa o domingo día 13 de Xaneiro de 2008.

"DELIRIOS DO SEÑOR GAGO"

 *POR RAMÓN BUENO PIÑEIRO 

Existe quen confunde o control que a oposición fai da actividade política con cuestións persoais, os que sofren este tipo de amnesia soen acusar os demais de mentireiros, pero eu pregúntome, ¿non foi Gago quen fixo da política unha constante mentira durante máis de 16 anos?Aquel que converteu a política na arte da mentira compulsiva, enganando incluso á súa organización, o PSOE, a veciños e colectivos, pretende agora meternos a todos no mesmo saco. javier-gago2.jpg

(  Sr. Gago)

En política non todos somos iguais, existe quen non ten o mesmo obxectivo que vostede buscou, e busca, na política...A súa última patraña foi garantirse un posto no porto de Vilagarcía, cando a cidadanía o deixaba sen votos. Por certo, ten sido vostede quen insultou a quen dende outra posición ideolóxica fixo crítica política da súa xestión. É vostede quen insulta, ou non recorda, cando no Pleno lle chamou "hijo de puta" a Fajardo, ou para os xogadores de golf eso non é insultar... ou non lembra cando se acordou da familia de Ramón Bueno, cando nos impoñía un trágala co párking de Xoán XXIII. Os concelleiros de EU-IU facemos oposición crítica de gobernantes, que, como vostede, non buscan o ben común, senón outra cousa..., e así o denunciamos e o seguiremos facendo.

Fagamos memoria, sentencia dos depósitos de Ferrazo, A Tomada, Mc Donald?s, inundacións, persecución sindical no Concello, indemnización polos terreos do Hospital do Salnés, crise da auga... ¿quere que sigamos facendo memoria?O que a vostede lle gustaría é que ninguén recorde á cidadanía todas estas cuestións, que coma "corderitos" aceptásemos os seus chanchoullos políticos, pero non é posible, non nos fará calar.

Vostede o mestura todo, fai virtude da manobra de confusión, trata de ocultar baixo supostas cuestións persoais decisións políticas que durante anos favoreceron aos catro de sempre, e que, agora que xa non está no Concello, pretende trasladar de ramon-bueno.jpgforma simétrica ao porto.

( Sr.Ramón Bueno . Foto de Iñaki Abella) 

Son os seus amigos da dereita máis reaccionaria, na que podería militar por acción política, quenes o convencen para que culpe incluso a ex alcaldes e ex concelleiros socialistas, e ir en contra do seu propio partido, ou é que ven en perigo os seus propios intereses de clan.Posiblemente está a sufrir un problema de vértigo, dende a súa nova atalaia.

 Debe ser duro pasar de ser o amigo de todos ao amigo dos de sempre, dos que serviu para repartirse Vilagarcía.O dito, saúde e república. 

* Ramón Bueno é Concelleiro por I.U. no Concello de Vilagarcia de Arousa e Vocal do Consello de Administración do Porto de Vilagarcía.

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>