Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

10/01/2008 GMT 1

¡ Tortura ou non Tortura !

sarampelo @ 23:38

A proposito do que aconteceu en Euskadi sobre os presuntos etarras que detiveron, onde se fala de torturas por parte das F.de S.   

 

Fervello: A estes asasinos de ETA  lles pode pasar de todo e moito máis, collelos para que se pudran  na cadea. Nembargantes, iso da tortura nun estado de dereito teoricamente non ten por que acontecer. É abominable e inhumano aproveitarse do poder, un uniforme ou desde calquera posición de autoridade é moito máis grave. Non debemos confundir a touciño coa velocidade, isto non quere dicir que estase a xustificar a estes malditos asasinos do tiro na caluga. Estamos a falar da tortura, imagestortura.jpgsexa a quen sexa non é xustificable.

Ás veces somos como nenos pequenos, as veces moi ilusos. Agora aparece unha testemuña ocular onde di que a detención foi limpa (ollar declaración no xulgado). Iso desmonta todo o que dixeron a Garda Civil e mailo ministro do Interior.¿Cómo pode haber tortura nunha “democracia” en España?. Iso non pode ser, estamos nun estado de dereito e o único que fan as F de S. do Estado e deter a calquera delincuente e que os xuíces digan a última palabra.

Eu sempre lle fixen moito caso ás versións “oficiais”, non teño porqué dubidar delas. Aínda me lembro cando nos anos 70 os grises facían dísparos ao ar, e caían ao chan os folguistas como Amador e Daniel en Ferrol e moitos máis. Xamais dubidei das versións aficiais, cando dicían que a policía disparou ao ar, dábame a impresión de que os pobres homes loitadores andaban voando e caian a terra como os paxaros. Agora xa nos atopamos con liberdades e “democracia” e iso xamais pode acontecer. Non me creo o que di Amnistía Internacional que en España aínda se tortura, iso é unha falacia.tortura.gif

Esa testemuña que presentou a súa versión ocular (valente o jodido), tampouco a creo, é unha confabulación para deixar ao Ministro en pelota picada, xa veredes como dentro duns días troca esa versión. Fago apostas.

Para min, soamente a “versión oficial” é a que me reconforta, dáme ánimos  para seguir tendo criterio propio e crer en tódolos estamentos oficiais, no estado de dereito e pricipalmente nos “políticos” desta España nosa.

“Amnistía denuncia el silencio del Gobierno ante los "numerosos casos" de tortura en España

El informe de Amnistía revela que las torturas y los malos tratos en nuestro país no son casos aislados. Ningún gobierno ha hecho frente a estas denuncias, escudándose en una consigna de silencio”.

¿Teño porqué crer isto?. Eu teño que crer aos meus representantes políticos que son moi bos, cada día que pasa lles quero máis, son como “hermanitas de la caridad”, nunca minten, xamais permitirían que estas cousas aconteceran. Lles vou a dicir moito máis: moitos deles case superan a MadreTeresa de Calcuta (nacida Agnes Gonxha Bojaxhiu ), en isto Bono os tasiotortura.jpgsupera a todos.

Como pode ser posible que nas F de S do estado poida haber xente da clase dun torturador. A descripción  médica dun personaxe desta calaña é esta:”

(Cuadernillo por TASIO) 

 

O torturador pode ser unha persoa psicótica e insensible, con dificultade de conectar coa dor. Non hai límite no dano que fai, posto que non ten ben desenvolvido o sentido da «compaixón» ou da «piedade». Pode ser tamén unha persoa sádica que goza facendo dano e xa que logo haberá un goce perverso e morboso con cada mostra de dor e sufrimento da súa vítima. Pode ser tamén un torturador ríxido ou paranoico que crea que está cumprindo co seu deber; só cumpre ordes dos seus xefes e estes á vez cumpren os desexos dos políticos.”

Como acabades de ler, esto é imposible que dentro dos estamentos policiais exista un personaxe deste prototipo. Nos meus miolos, que xa os teño dabondo caducos, non me entra. Nembargantes teño que dicir algo, máis ben un pequeno consello, por si acaso non andedes voando moito ao carón de Guantánamo, calquera cousa pode acontecer, non o creo pero pode ser. Coido que máis claro que o que digo é a auga.

Outros enderezos onde falan de torturas, eu non me "creo" ren, podedes chamarme iluso ou paspán. Se queredes podedes lelos, é unha boa terapia para o intelecto.

1º -Enderezo.

2º-Enderezo

 O PSOE e o PP protexen cos seus votos ao ministro do Interior Alfredo Pérez Rubalcaba, para que non compareza no Congreso polo caso de torturas a Igor Portu .

Manda carallo na Habana, estes son dos meus, estes son aos que lle quero tanto, os amo, estou pirado por eles. Escojonome de rir, pensando nesta pobre pel de touro. ¡Viva España!. ¡Viva Cuspedriños de Abaixo!. Amén

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>