Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

07/01/2008 GMT 1

¿A globalización será o inferno do planeta terra?

sarampelo @ 21:10

¿A Globalización será o Inferno do Planeta Terra? 

 

 

Vídeo onde analizan con precisión o inferno da globalización neste planeta terra unha morea de personaxes, entre moitos están: Pedro Casaldáliga, bispo, teólogo e poeta.Adolfo Pérez Esquivel, Premio Novel. Vittorio Agnoletto, Foro Social de Génova. José Saramago, Premio Novel. Carlos Taibo, profesor  de Ciencias Políticas. María José Fariñas, profesora de filosofía del derecho. Eduardo Galéano, escritor. Jean Ziegler, escritor e político. José Bove, activista antiglobalización. Federico Mayor Zaragoza, Pte. Fundación para una cultura de la paz. Manu Chao, músico. 

 

-----------------------------------------------------------------------------------              

Fervello: Ao pouco do derrube do Muro de Berlín, alguén que hoxe non lembro, dixo, ....a partir desta data, os gobernos elixidos polos pobos nos países de Occidente, os países máis ricos, gobernarán pero non terán o poder. Hoxe é unha realidade, gobernan en base ás grandes corporacións mundiais, o poder o teñen estas multinacionais. 

Estes gobernos de agora sexan de dereitas ou socialdemócratas, privatizaron todo e agora non son capaces de ter marxes de maniobra ante o electorado. Quen  marca as pautas económicas con detrimento nas conquistas sociais son esas insaciables trasnacionais e a grandes usureiros da Banca, algunhas chegan a superar o presuposto do PIB dun país como Austria ou Dinamarca, por poñer un exemplo. A súa insaciabilidade pode chegar ata o límite de recortar o pouco que nos queda do social, a sanidade é a educación. O da cultura xa a teñen no bote, chegan ata o extremo de mercar conciencias. ¡Cantos intelectuais están a protestar por esta debacle?. Moi poucos.  

Camiño levamos de que se apoderen do máis esencial do ser humano, a dignidade.  Daquela o ser humano no mundo seremos autómatas ao servicio dunhas poucas multinacionais que son practicamente impersonais.

Tiñamos que comezar a descubrir e poñer aos responsables con nomes e apelidos a estes madamais , sempre se disculpan con consellos de administración, pero sempre hai un presidente deses consellos, saber quenes son para calquera día nós ou os nosos netos irlle a cagar na súas tumbas, poñer os seus nomes nos medios alternativos. 

En ocasións, persoas que antes ocupaban postos directivos nunha gran empresa pasan a formar parte do goberno. Isto provoca sospeitas de que as medidas que propón (como a concesión de subvencións) tómense exclusivamente para favorecer ás súas antigas empresas. Tamén acontece á viceversa. 

Segundo Clairmont e Cavanagh, a cifra de negocio anual das 200 maiores multinacionais supón, aproximadamente, a cuarta parte (26,3%) da produción mundial. Entre esas empresas transnacionales están: Shell, Xeral Motors, Ford, Exxon, IBM, Mitsubishi, Toyota. Philip Morris, General Electric.
Así, as sedes destas 200 empresas áchanse en tan só 17 países. Máis dunha terceira parte (74) son estadounidenses. Logo de Estados Unidos, destaca Xapón, seguido por Reino Unido, Francia, Alemaña, Canadá e Italia, polo que o Grupo dos Sete (o G-7) aglutina o 80% das multinacionais. Fóra deste grupo, só Suíza, Corea do Sur, Suecia, Australia e Países Baixos pasan da ducia.
   

 

Comentarios

Un Comentario »

  1. Dignidade..., hoxe xa queda pouca. Xa cha van quitando dende o berce para que non preguntes por ela. O que queda é a pose, e máis nada.

    Doutora Seymour | 08-01-2008 - 18:10:56 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>