Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

01/01/2008 GMT 1

Lembrando a Dean Read o "Elvis Rojo"

sarampelo @ 14:42



Comezamos o ano de carallo. "Con la Iglesia topaste Sancho". É o que hai, non temos outra cousa neste país das maravillas celestiais e espirituais. Que os deuses nos collan confesados.
rotoiglesia.jpg

Cousas de "El Roto"



i58661cagle1.gif

 Que o ano 2008 sexa moi bo e con felicidade para todas aquelas persoas que queiran e desexen a paz no mundo, e os sápratas, xenocidas e guerreiros (o trio das Azores) sexan levados aos tribunais internacionais.

Dean Read o “Elvis Rojo” 

 

Fervello: Imos comezar o ano 2008 lembrando a un mozo daqueles anos 60/70 como foi Dean Read, un fervente idealista e sincero revolucionario coa causa que defendía Salvador Allende para América Latina. Agardemos a que o filme de Tom Hanks sexa o máis obxectivo posible para dar a coñecer a este cantante revolucionario ás xuventudes actuais que non se poden durmir nos laurees, que outro mundo é posible, que o gran capital de hoxendía vai rematar co planeta e que tomen conciencia dos seus grandes problemas que cada vez son máis graves, contratos lixo, a vivenda, o medio ambiente , a sociedade de consumo na que están inmersos e o máis grave, o fascismo que chega enmascarado.

---------------------------------------------------220px-dean_reed.jpg 

O actor Tom Hanks encarnará no cine ao denominado "Elvis Rojo", Dean Read, o cantante estadounidense que elixiu vivir baixo o réxime comunista da RDA e abrazou a causa revolucionaria conmocionado pola morte de Salvador Allende.

Hanks pretende empezar a rodaxe da película inspirada nesa figura e que levará por título "Comrad Rockstar" no principio do ano.
Reed, aclamado pola República Democrática Alemá (RDA) como a antítese anticapitalista do Presley de Memphis (EEUU), apareceu morto o 17 xuño de 1986, con 48 anos, no lago a beiras da súa casa, nos arredores de Berlín.
cultur72d.gif 

 

Era alto e guapo e norteamericano, e a principios dos 60 unha das súas cancións de amor sacudiu os charts de dous remotos países suramericanos. Entón Dean Reed naceu de novo. En Chile e Arxentina arrasou entre as mozas, protagonizou películas e foi tapa de todas as revistas. Pero descubriu tamén a miseria, a represión das ditaduras e unha entusiasta vocación política que en poucos anos levaríao a converterse no embaixador musical do socialismo en plena Guerra Fría. En 1986
 

Foi un entusiasta colaborador na campaña electoral de Allende e miliciano no Líbano.





Coñecéuselle como o “Presley Rojo" porque nos seus inicios buscou a fama nunha voz e un estilo similares ao de Memphis.

Nacido en Colorado, en 1938, fíxose soado entre o público da RDA como heroe que renegou de EEUU para abrazar o comunismo.

Aprendeu español no Chile de Allende, logo pasou un tempo en Arxentina, de aí foi á Unión Soviética e logo á RDA.

Volveu a Chile, xa con Pinochet, para entoar cos mineiros un lendario "Venceremos", en 1983, e estivo entre os ferventes admiradores de Yaser Arafat.


 

Biografía  


 

Comentarios

Comentarios(4) »

  1. No conocía a este cantante. La verdad es que es toda una sorpresa agradable. En cuanto pueda me pondré a buscar cosas sobre él: muchísimas gracias!

    Gustavo | 01-01-2008 - 17:13:46 GMT 1 #

  2. Excelente artigo para comezar o ano. Outro mundo é posible, o mellor lema.
    Un saúdo.

    Doutora Seymour | 01-01-2008 - 20:14:12 GMT 1 #

  3. Eu tampouco coñecía a ese cantante.
    Que teñas un bo ano. Apertas.

    O Raposo | 05-01-2008 - 18:41:25 GMT 1 #

  4. Oxalá teñas razón e sexa posible outro mundo. O conto da iglesia xa non se pode tolerar por máis tempo. Non teñen vergoña, nin escrúpulos, claro que isto e algo coñecido, pero como pode ser que sigan abrindo asi a boca e ninguen lles diga nada?

    Unha aperta

    nieve | 05-01-2008 - 21:25:26 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>