Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

mananceiro.jpg

26/12/2007 GMT 1

Temos que trocar a Lei Electoral

sarampelo @ 23:37

Os votos proporcionais, ou troco da Lei Electoral    

Así sería o Congreso se todos os votos contasen o mesmo: PP e PSOE son os que máis gañan, EU é a máis prexudicada e, contra o bulo, os nacionalistas conseguen os escanos xustos   

 

 

 

 

ley-electoral.png

   Gráfico do Blog de Ignacio Escolar     


A cousa está clara. A IU cústalle cada escano máis de 250.000 votos. Ao PP e ao PSOE uns 66.000. ¿Quen ten que cambiar a lei? Desgraciadamente EU non pode. Agora enténdese porque, a pesar de que o PP di que os beneficiados son os nacionalistas, mentira podre, ningún dos dous grandes partidos quere cambiala.¿A quen beneficia?. ¿ A quén lle perxudica?

Coido que o que máis sae perxudicado é o pobo.  Esta Lei Electoral fai poñer nun déficit a unha “democracia” que os nosos políticos falan dela cunha boca chea que manda carallo na Habana.  

A fórmula D´Hondt, empregada na repartición, fai que os resultados nas circunscricións menos poboadas sexan menos proporcionais que nas provincias como Madrid, Barcelona ou Valencia. Foi feita para eliminar as minorías e tratar de fortalecer o bipartidismo, sendo este país moi rico na pluralidade. Isto non é EEUU que dous partidos se reparten a torta e ao mesmo tempo case non se diferencian en nada. Iso sería o idóneo para o PSOE e o PP, o mangoneo sería de mil estalos. Non vos quero nin contar o que pasaría.

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis